Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2015

O Concello condena o último crime machista, perpetrado hoxe en Zaragoza

A concelleira de Igualdade e Diversidade chama ás forzas políticas "a asumir a prevención e a erradicación das violencias machistas como unha prioridade"

O Concello da Coruña condena o último crime machista perpetrado na madrugada deste mércores en Zaragoza e convoca a toda a Corporación, así como aos traballadores e traballadoras municipais, a concentrarse mañá ás 12.00 horas ás portas do Pazo de María Pita e do resto de centros de traballo municipais, para gardar un minuto de silencio. A medida, que pretende amosar o respecto e solidariedade coa familia e amizades da vítima e a repulsa ante as violencias machistas, responde ao protocolo asinado polo Pleno da Corporación municipal.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, insiste "na necesidade de que todas as forzas políticas asuman a prevención e a erradicación das violencias machistas como unha prioridade". Do mesmo xeito, Fraga reitera a que "a lexislación ten que abranguer todos os tipos de violencia aos que nos vemos sometidas e que teñen a súa máxima expresión nos asasinatos".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión