Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xuño de 2016

O Concello condena os asasinatos machistas perpetrados en Badalona e Murcia, así como o atentado homófobo de Orlando

O Goberno local convocou esta mañá a toda a Corporación e os e as traballadoras municipais a un minuto de silencio ás portas do Pazo de María Pita en sinal de repulsa polos crimes e de recordo a todas as vítimas

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocía Fraga, condenou na mañá deste luns os dous últimos asasinatos machistas, perpetrados esta fin de semana en Badalona e Torre Pacheco (Murcia), e, igualmente, amosou a súa repulsa polo atentado homófobo que tivo lugar en Orlando (EUA).

O Concello convocou esta mañá un minuto de silencio en sinal de respecto e recordo das vítimas e en solidariedade coas familias e persoas achegadas, e está previsto que durante o Pleno municipal desta tarde a Corporación tamén faga mención á traxedia.

A concelleira Fraga destacou a importancia de condenar de forma unánime tanto os asasinatos machistas como a matanza de Estados Unidos e a necesidade "de facer causa común". "É necesario acabar con todas as violencias machistas, cos feminicidios e cos asasinatos homófobos ou por condición de diversidade sexual non heteronormativa", indicou a responsable de Igualdade e Diversidade, que chama ao Goberno central que saia da próxima convocatoria electoral a facer disto "unha cuestión de Estado".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión