11 de febreiro de 2026
Saneouse a placa recordatoria, sita entre o primeiro e segundo andar do inmoble, e colocouse unha placa dedicada na fachada exterior
A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, José Luis Castro, supervisaron os traballos esta mañá
O Concello da Coruña levou a cabo a restauración da placa conmemorativa da casa natal de Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964), sita no número 16 da rúa Torreiro, co obxectivo de preservar a memoria do insigne humorista e xornalista da cidade. A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, José Luis Castro, supervisaron esta mañá os traballos.
A alcaldesa destacou que esta intervención "é unha mostra máis do compromiso do Goberno municipal coa conservación da memoria cultural da Coruña e co recoñecemento das figuras que levaron o nome da cidade ao máis alto da literatura". Rey lembrou ademais que "no día de hoxe conmemórase o 141 aniversario do nacemento do xornalista nun ano especial, onde conmemoramos tamén o centenario da publicación de 'Las siete columnas', obra pola que foi recoñecido co Premio Nacional de Literatura".
Os traballos incluíron o saneamento da placa recordatoria existente na fachada do edificio, situada entre o primeiro e o segundo andar do inmoble, así como o repintado das letras incisas, que co paso do tempo perderan a súa policromía orixinal. Ademais, colocouse unha nova placa dedicada na planta baixa do inmoble, na fachada exterior, coa lenda: "O pobo da Coruña á memoria do insigne escritor e xornalista, Wenceslao Fernández Flórez".
Rey subliñou que "é responsabilidade das institucións públicas coidar estes símbolos, que conectan a cidadanía coa súa historia e co legado intelectual que forma parte da identidade coruñesa".

9 de febreiro de 2026

9 de febreiro de 2026

9 de febreiro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible