Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xuño de 2022

O Concello constitúe a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero

O novo organismo integra a todas as instancias e estamentos con competencias directas para loitar de forma integral e efectiva contra as agresións machistas

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá a constitución formal da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, un novo órgano creado para combater de forma integral e efectiva esta lacra social e no que participan todas as instancias e estamentos que contan con competencias directas na loita contra a violencia de xénero.

Na reunión de constitución da Mesa Local Interinstitucional, impulsada polo Concello da Coruña, participou así mesmo a subdelegada do Goberno, María Rivas. Por parte da Xunta de Galicia estiveron presentes Judit Fontela Baró, Xefa territorial de Emprego e Igualdade e Lorena Domínguez González, xefa de servizo de Programación e Contratación da Xefatura Territorial de Educación. Por parte do SERGAS participou Clara Olveira, subdirectora de calidade asistencial da área Sanitaria da Coruña e Cee.

Tamén estiveron presentes representantes das forzas de seguridade (Policía Local, Autonómica e Policía Nacional) e convocouse a membros do estamento xudicial especializado en Violencia de Xénero e do Colexio de Avogados da Coruña. Por parte do Concello, ademais da alcaldesa, participaron na Mesa a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, e membros de los equipos de Servizos Sociais e Igualdade do Concello e do Centro de información ás Mujeres (CIM).

A alcaldesa subliñou a importancia deste órgano de coordinación interinstitucional como "ferramenta operativa na que están representados todos os ámbitos municipais, e outros, implicados directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero". "Trátase dunha iniciativa que busca mellorar a detección precoz dos casos de violencia de xénero, incrementar o grao e a calidade da coordinación por parte de todas as administracións públicas, e contribuír así a optimizar a accesibilidade aos recursos e ás prestacións dos servizos de atención ás vítimas do noso ámbito municipal afectadas por situacións de violencia de xénero", agregou a rexedora.

Pola súa banda, a Concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, sinalou que o traballo da Mesa Local Institucional permitirá ofrecer unha atención e dar unha resposta áxil ás vítimas, así como mellorar a protección das que presentan un alto risco realizando o seguimento dos casos, ademais de informar e sensibilizar na materia tanto aos profesionais como á poboación en xeral, entre outros obxectivos.

Na reunión constitutiva fixáronse as normas de funcionamento da Mesa Local Interinstiticional, cuxa vixencia se corresponderá con cada mandato municipal. Contará cunha presidencia e unha secretaría e estruturarase en grupos de traballo que elaborarán os informes e propostas que guiarán a actividade da Mesa. Reunirase dúas veces ao ano en sesións ordinarias e en sesións extraordinarias cando a convoque a presidencia ou o solicite o 50% dos seus integrantes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión