Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de febreiro de 2024

O Concello constitúe os Consellos Locais de Inclusión Social e Saúde, que terán representación das entidades sociais e sociosanitarias da Coruña

A concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, presidiu este mércores o acto no que se formalizou a posta en marcha destes dous espazos de participación cidadá, debate e traballo en rede

A concelleira responsable da Área de Benestar Social, Yoya Neira, presidiu hoxe no centro cívico dos Mallos os actos de constitución dos Consellos Locais de Inclusión Social e Saúde.

Os Consellos Locais son espazos de participación, debate e traballo en rede que teñen a función de recoller as experiencias das entidades sociais e outros colectivos que achegan o seu coñecemento da realidade social desde a proximidade e o traballo diario. Desta forma, o Goberno de Inés Rey busca reforzar a interrelación coas entidades sociais da cidade.

Precisamente, nos Consellos están representadas a maioría destas entidades, que traballan nos eidos da inclusión social e o ámbito sociosanitario. Tamén están presentes os sindicatos, colexios profesionais, representantes veciñais e diversos grupos políticos.

Unha vez constituídos os consellos, abrirase o prazo para a presentación de candidaturas para a vicepresidencia e a comisión permanente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión