26 de decembro de 2017
O alcalde, Xulio Ferreiro, e o resto do equipo de goberno participarán na xa tradicional recepción aberta a toda a cidadanía, que comezará ás 12.30 horas coa entrega de premios do concurso do calendario municipal e terá o seu acto central ás 13.00 no Salón de Plenos
O goberno municipal convida a toda a cidadanía a participar no Encontro de Nadal que se celebrará este venres, día 29, no Pazo de María Pita, con ocasións das festas e para despedir o ano co conxunto da Corporación municipal. O alcalde, Xulio Ferreiro, así como o resto de concelleiras e concelleiros do equipo de goberno, participará nesta recepción, aberta a toda a veciñanza e ás entidades da cidade, que servirá para dar a benvida ao novo ano 2018 e na que as persoas que queiran acudir poderán departer cos membros do goberno local e do resto da corporación.
A apertura de portas para a recepción está prevista para as 12.30 horas, momento en que terá lugar, na Alcaldía oficial, a entrega de premios ás persoas gañadoras do concurso de fotografía do do Calendario Municipal 2018, que este ano se dedica á relación da Coruña co mar. Ás 13.00 dará comezo, no Salón de Plenos, o acto central do encontro, coa intervención do rexedor e un recital a cargo do Coro Cantábile, ao que seguirá o xa tradicional brindis polo ano novo con todas as persoas participantes nos distintos salóns do pazo municipal.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible