Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2021

O Concello convoca unha nova edición dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

A alcaldesa destacou a especial relevancia deste certame “nestes tempos de pandemia” posto que máis que nunca “o labor de xornalistas, divulgadores/as e comunicadores/as é fundamental para que a ciencia chegue de forma comprensible a toda a cidadanía”

O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, convoca a XXXIV edición dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, en que se premiarán cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Texto inédito e audoeditado, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, están dotadas cunha remuneración de 4.000 euros.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que "nestes tempos de pandemia os Prismas á Divulgación teñen unha relevancia especial, pois agora, máis que nunca quizais, o labor de xornalistas, divulgadores/as e comunicadores/as é fundamental para que a ciencia, tanto nos seus fundamentos como nos seus avances, chegue de forma comprensible a toda a cidadanía".

As persoas que desexen participar nesta convocatoria dos Prismas á Divulgación poden presentar os seus traballos e candidaturas antes do 30 de xuño para a modalidade de libros editados, e antes do 31 de xullo nas demais categorías.

Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 20 de novembro de 2021.

Máis información no portal web municipal dos Museos Científicos coruñeses:

https://www.coruna.gal/mc2/gl/premios/prismas

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión