Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xaneiro de 2026

O Concello creará un Selo distintivo en apoio ao Comercio Local Histórico, co obxectivo de reforzar a súa posta en valor

A folla de ruta prevista polo Goberno municipal é que o Selo sexa unha realidade no vixente mandato

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, informou hoxe no pleno de que o Concello promoverá neste mandato a creación dun Selo distintivo do Comercio Local Histórico, co obxectivo de promocionalo e poñelo en valor.

Lage abundou nas diversas liñas de colaboración impulsadas polo Goberno local á hora de apoiar ao tecido emprendedor e pequeno comercio. Por exemplo, tanto coas campañas informativas de difusión como coa continuidade da programación dos mercados ecolóxicos e sostibles ao longo do ano nos diversos barrios da cidade.

"Falamos de eventos que, baixo criterios éticos e sostibles, achegan a súa actividade a toda a cidadanía", indicou o edil, que lembrou que só o ano pasado, con 34 mercados celebrados ao aire libre en puntos como o Campo da Leña ou a praza da Tolerancia, estimouse unha asistencia de 22.000 visitantes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión