Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de marzo de 2017

O Concello culmina as obras previstas no centro de atención de baixa esixencia para persoas sen fogar, que comezará a funcionar o vindeiro mes de abril

A concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, destaca que o proceso de adxudicación do servizo se resolverá de forma inminente, unha vez rematadas as actuacións de acondicionamento no local municipal no que ofertará este programa

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, avanza que o centro de atención de baixa esixencia destinado a dar cobertura a todas aquelas persoas que se atopan sen fogar e, de xeito especial, ás que presentan unha situación de maior desarraigo social, comezará a funcionar nas próximas semanas, dentro dos prazos previstos, unha vez que veñen de ser rematadas as obras de acondicionamento do local municipal no que se ubicará, en Monte Alto. Por outro lado, a responsable municipal indica que o contrato para a xestión deste servizo está en fase de adxudicación, e será resolto nun breve período de tempo. "Tendo en conta todo isto, a nosa previsión é poder comezar a ofrecer este servizo contra o mes de abril, o que entra dentro dos nosos cálculos, que pasaban por telo listo na primavera", comentou. Como recorda, o programa municipal de atención de baixa esixencia para persoas en situación de rúa busca ofrecer unha atención básica nocturna a persoas sen fogar que están en situación de exclusión e marxinación social e que, polas súas características, non poden facer uso doutros recursos para pernoctar.

A responsable municipal destaca que, ademais, este pioneiro servizo de baixa esixencia ten orzamentado no proxecto presupostario deste ano un montante de 257.000 euros. O programa de acollemento nocturno funcionará, tal e como expón, todos os días do ano, desde as 21.00 ata as 08.00 horas, para dar cobertura a 15 persoas, co obxectivo de proporcionar "atención básica ás persoas sen fogar, para facilitarlles un espazo nocturno digno, seguro e confortable", como complemento ao resto de accións que o Concello dirixe a este colectivo. Nel se ofrecerá servizo de acollida para información, orientación, promoción e inserción social, ademais de servizo de estancia e lecer, café, limpeza e consigna. Como indica a titular de Xustiza Social, o persoal traballará tanto no albergue como na rúa coas persoas usuarias do programa, que se completará con accións de integración que se programan desde outros servizos e equipos da consellería e do Semus (Servizo municipal de urxencias sociais), nunha liña que ten como finalidade o desenvolvemento de actuacións e servizos tendentes á prevención, atención, promoción e inserción social das persoas sen fogar que pasan a noite na rúa, caixeiros ou portais.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión