Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de mayo de 2026

O concello da Coruña, a través do departamento de Promoción Económica, organiza unha formación sobre analítica dixital para optimizar o teu negocio

ACCIÓN FORMATIVA: ANALITICA DIXITAL PARA OPTIMIZAR O TEU NEGOCIO

Días: 9 - 10- 16 - 17 de xuño de 2026

Horario : 17:00 a 19:30 horas

Modalidade: Presencial

Lugar: Centro de empresas Accede Papagaio (Praza Papagaio S/N)

🟢GRATUÍTO, previa inscrición, ata completar aforo (segundo a orde de inscrición)

Inscricións no seguinte enlace:

https://forms.gle/LWRTWKEHxnHja1yB7

OBXECTIVOS: 

  • Capacitar aos participantes para entender e utilizar a analítica dixital no seu negocio, sen necesidade de coñecementos técnicos previos.
  • Implementar un ecosistema básico de medición desde cero: Google Analytics, Google Etiqueta Xestor e conexión con plataformas publicitarias (Google Ads e Meta Ads).
  • Desenvolver a capacidade de interpretar datos e tomar decisións baseadas neles, con criterio e de forma autónoma.

Ao finalizar a formación, os participantes darían un paso real cara á dixitalización da súa toma de decisións, mellorando a súa competitividade en contornas cada vez máis orientados ao dato.

PERSOAS DESTINATARIAS:

Persoas que desexen iniciarse na analítica dixital sen necesidade de contar con coñecementos técnicos previos.

Ao longo do curso, as persoas participantes traballarán de forma práctica na implementación dun sistema de medición completo, conectando ferramentas clave do ecosistema dixital para entender mellor que ocorre nunha web, como chegan os usuarios, que accións realizan e como utilizar esa información para analizar resultados, detectar oportunidades de mellora e apoiar a toma de decisións.

CONTIDOS:

Sesión 1 - Entender o ecosistema dixital

Cómo funciona unha web (visión sinxela e sen tecnicismos)

Qué é a analítica dixital e para que serve nun negocio real

Cómo se conectan web, márketing e datos

Qué se pode medir e por qué importa elixir ben

Sesión 2 - Configuración do sistema de medición

Configuración inicial de Google Analytics 4

Introdución práctica a Google Tag Manager

Conexión con Google Ads e Meta Ads

Definición de accións clave a medir: leads, clics, formularios, compras

Sesión 3 - Análise e toma de decisións (con Google Analytics 4)

Cómo ler os datos sen perderse nos números

Preguntas clave de negocio que os datos poden responder

Sesión 4 - Cadro de mandos

Identificación de indicadores clave (KPIs) para cada tipo de negocio

Organización e xerarquización da información

Creación dun dashboard sinxelo e operativo

Cómo usar o cadro de mando no día a día do negocio

REQUISITOS:

  • Ordenador portátil
  • Conta de Google

*Recomendable ter web propia, ainda que non é imprescindible

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión