Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de febreiro de 2024

O Concello da Coruña abre a inscrición para o programa Idiomas do Mundo 2024

30 mozas e mozos que cursan o primeiro ano de Bachalerato da cidade poderán pasar un mes en Irlanda perfeccionando o seu dominio de linguas estranxeiras. Neste caso, o inglés

O Concello abre hoxe, 23 de febreiro, o prazo de inscrición para participar no programa 'Idiomas do Mundo 2024', que oferta 30 prazas para estancias dun mes en Irlanda durante os meses de xullo ou agosto. Poderán optar ás prazas estudantes que cursen 1º de Bacharelato durante o presente curso escolar.

As solicitudes poderanse facer do 23 de febreiro ao 7 de marzo, ambos os días incluídos, a través da ficha dispoñible na páxina web da Concellaría de Educación, onde tamén poden consultarse as bases da convocatoria.

Idiomas do Mundo, xunto ao veterano programa Bolsas USA ou o proxecto Acoeuropa, son programas impulsados desde o Goberno que preside Inés Rey para fomentar que os mozos e mozas da cidade perfeccionen o dominio de idiomas extranxeiros e profunden no coñecemento real doutra cultura.

No caso de Idiomas do Mundo, os participantes obtén ademais un certificado oficial do nivel alcanzado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). O Concello destina a este programa un total de 149.640 euros.

A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda achegarán as cantidades que lles correspondan segundo as contías e porcentaxes sinalados na táboa recollida nas bases do programa. Establécense dous tipos de bolsa, unha total e outra parcial, na que as familias terán que asumir como máximo o 30% do prezo da praza, de tal modo que o importe máximo que terán que abonar será de menos de 1.500 euros.

É importante sinalar que unha vez cuberta a ficha de inscrición en liña, é imprescindible entregar por Rexistro toda a documentación que vén establecida nas bases.

Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.

  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña no momento da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

  • Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2023-2024.

  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 7 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.

  • Contar en curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.

  • Non estar inmerso nas prohibicións recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión