Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2025

O Concello da Coruña acolle o acto conmemorativo polo 130 aniversario do Colexio Médico-Farmacéutico

Inés Rey destaca o compromiso histórico da entidade coa saúde pública e coa defensa dos profesionais sanitarios

O Concello da Coruña acolleu este xoves no Salón de Sesións do Pazo de María Pita o acto institucional conmemorativo do 130 aniversario da creación do Colexio Médico-Farmacéutico da Coruña, unha efeméride que pon en valor a traxectoria dun colectivo fundamental na historia da cidade e do sistema sanitario galego.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, puxo en valor a contribución histórica da entidade como espazo de representación profesional e compromiso coa sociedade. A rexedora asegurou que o colexio "leva 130 anos exercendo un labor constante e imprescindible, representando unha maneira de entender a sanidade baseada na ética, no coidado e na defensa do ben común".

No acto participaron tamén os presidentes dos colexios oficiais de Médicos e Farmacéuticos da provincia, Luciano Vidán e Sara Catrain, así como representantes das Reais Academias Galega, de Medicina e de Farmacia. A sesión incluíu unha conferencia do historiador Carlos González Guitián, centrada na figura de Ramón Pérez Costales, impulsor e primeiro presidente da entidade, e figura clave no desenvolvemento sanitario e cultural da Coruña do século XIX.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión