Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de novembro de 2015

O Concello da Coruña amosa o seu fondo pesar polo pasamento de Xosé Neira Vilas

O alcalde, Xulio Ferreiro, quixo destacar a vinculación do senlleiro escritor coa cidade, a través tanto da Universidade, como debido a súa condición de membro da Real Academia Galega

O Concello da Coruña, por boca do seu alcalde, Xulio Ferreiro, quere amosar o seu fondo pesar polo falecemento do escritor, académico e Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña, Xosé Neira Vilas.

O rexedor lamentou profundamente o falecemento do senlleiro escritor. autor, entre outras obras imprescindibles da literatura galega, de Memorias dun Neno Labrego, libro “co que se identificaron varias xeracións de galegos e galegas, entre eles, a miña”. A condición de emigrante, presente en todos os seus escritos, “tamén contribuiu ao coñecemento da súa obra e a complicidade e cariño que espertou”.

Ferreiro quixo destacar a vinculación de Neira Vilas coa cidade da Coruña, a través tanto da Universidade, como das súas anuais visitas á Feira do Libro, ou pola súa condición de membro da Real Academia Galega, institución centenaria ubicada na cidade.

Por todo esto, o Concello da Coruña quere enviar as súas condolencias á familia e as amizades de Xosé Neira Vilas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión