14 de febreiro de 2025
A partir do vindeiro luns quedará habilitado o xiro desde Inés de Castro e haberá novas prazas de aparcamento dispoñibles
O Concello avanza na reurbanización da rúa Pla y Cancela coa finalización da primeira fase das obras de para mellorar a accesibilidade e a mobilidade na rúa e a súa contorna.
A partir do luns 17 de febreiro, quedará habilitado o xiro á dereita desde Inés de Castro cara Pla y Cancela, o que permitirá unha mellor conexión viaria cara a Costa de Unión e a rúa Nicaragua. Ademais, modificarase o sentido da circulación na rúa Alcalde Soto González, permitindo o acceso desde a Ronda Nelle ata Juan Castro Mosquera. Paralelamente, continúan os traballos de pintura das prazas de estacionamento regurado (ORA) na contorna.
Os traballos executados ata o momento incluíron a ampliación das beirarrúas para mellorar a accesibilidade especialmente nas zonas de maior pendente, a renovación da rede de saneamento de augas residuais e a creación dunha nova rede de recollida de augas pluviais en Juan Castro Mosquera. Ademais, xa se instalaron novos elementos de mobiliario urbano e zonas verdes, contribuíndo á humanización do espazo público. Desta forma, coa finalización dos traballos de pintura quedará finalizada a primeira fase dos traballos, continuando as tarefas de reforma no resto da vía.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, sinalou que "estas actuacións supoñen un paso máis na estratexia de mellora nos espazos urbanos, creando unha cidade máis accesible e sostible". Pola súa banda, subliñou que "estes cambios optimizan a fluidez do tráfico e melloran a seguridade viaria, facilitando unha mobilidade máis eficiente e adaptada ás necesidades da cidadanía".
As obras forman parte do plan de mellora urbana promovido polo Goberno de Inés Rey, cunha aposta decidida por espazos públicos máis accesibles e adaptados ao uso peonil en todos os barrios.

17 de decembro de 2025

17 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible