Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de febreiro de 2017

O Concello da Coruña condena a agresión machista sufrida hoxe no Castrillón

Rocío Fraga chama a todas as administracións “a traballar a prol da prevención das violencias machistas no Estado”

O Concello quere amosar a súa condena á brutal agresión machista que unha veciña da Coruña sufriu esta mañá no barrio do Castrillón. A muller, de 73 anos de idade, foi apuñalada polo seu marido, de 77 anos, cando ela lle transmitiu a súa intención de poñer fin a súa relación matrimonial. A muller, que foi trasladada nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, atópase estable e fóra de perigo, e recibirá a alta nas próximas horas, segundo indicaron os servizos médicos.O Goberno local tamén quere transmitir as súas condolencias á familia e amizades da muller asasinada polas violencias machistas esta fin de semana en Seseña (Toledo), e condenar estas e o resto de agresións a mulleres. Neste sentido, a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, fai un chamado ao resto das administracións para que aborden a prevención e a erradicación das violencias machistas como unha prioridade. "O feminicidio é unha cuestión de Estado. É necesario tomar medidas contundentes e acadar un pacto entre todas as forzas políticas para abordar, dun xeito integral, a súa prevención", sinala.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión