Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xullo de 2016

O Concello da Coruña convida á cidadanía a participar mañá no minuto de silencio en homenaxe ás vítimas da traxedia do Alvia 04155 e ás súas familias

A convocatoria celebrarase ás 21.10 na estación de San Cristóbal, “a hora na que estaba prevista que o tren chegase á cidade hai tres anos”, indicou o alcade, Xulio Ferreiro

O Concello da Coruña, cando se cumpre o terceiro aniversario da traxedia ferroviaria do Alvia 04155 na que faleceron 80 persoas e resultaron feridas outras 148, algunhas de extrema gravidade, convida á veciñanza a participar nunha homenaxe ás vítimas e ás súas familias mañá, domingo 24 de xullo, na estación de tren de San Cristóbal. Será a través dun minuto de silencio que terá lugar ás 21.10 horas da noite, "a hora na que estaba prevista que o tren chegase á Coruña hai tres anos", lembrou onte o alcalde, Xulio Ferreiro, tras reunirse no Pazo de María Pita con representantes da Plataforma de Vítimas do Alvia, ás que o rexedor trasladou "todo o apoio" do Concello.

O primeiro edil lembrou o compromiso adquirido o pasado 9 de maio polo Pleno coruñés de colaborar coa Plataforma e instar tanto ao Executivo estatal como ao Parlamento galego a constituír comisións de técnicos e expertos indepententes para esclarecer as causas do sinistro ferroviario que tivo lugar o 24 de xullo de 2013, cando o tren Alvia que cubría a ruta Madrid Ferrol sufría un accidente minutos antes de facer a súa entrada na estación de Compostela, así como pór en marcha unha comisión de investigación parlamentaria para aclarar as posibles responsabilidades políticas na traxedia. "Este Concello quere amosar públicamente o seu apoio ás reivindicacións da Plataforma, para que se leve a cabo unha investigación real e independente das causas e polo tanto das correspondentes responsabilidades penais e políticas que puideran derivarse da mesma", sinala Ferreiro. "Pedimos que se faga xustiza, pola dignidade das vítimas e as súas familias, que se saiba o que aconteceu e que non se volva repetir no futuro", di.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión