Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de setembro de 2016

O Concello da Coruña declarará festivos locais no 2017 o Martes de Entroido e o 8 de marzo, Día das Mulleres

As festividades de San Xoán e do Rosario, festivos na Coruña este 2016, coincidirán o ano que vén en fin de semana. A celebración do 8 de marzo irá acompañada de actividades lúdicas no entorno da Praza de Palloza, que servirán para render homenaxe as mulleres que posibilitaron e posibilitan o progreso desta cidade, como as cigarreiras

O Goberno local vén de trasladar á Xunta de Galicia a súa elección dos festivos locais do ano 2017. Ao coincidir tanto a festividade de San Xoán como a do Día do Rosario en fin de semana, o Concello opta por manter no vindeiro exercicio como xornada festiva o tradicional Martes de Entroido (28 de febreiro) e, como novidade, declararar festivo local a xornada do 8 de marzo (que caerá mércores), Día das Mulleres, como forma de recoñecer o papel decisivo que as mulleres levaron e levan a cabo na formación, desenvolvemento e progreso desta cidade, así como a necesidade de conformar unha sociedade máis xusta, baseada na igualdade de dereitos e oportunidades, tanto para homes como para mulleres.

A celebración da festividade do 8 de marzo virá acompañada da organización de numerosos actos lúdicos e culturais relacionados coa loita e recoñecemento dos dereitos das mulleres, e terá na contorna da Praza da Palloza o epicentro das súas celebracións. O Goberno local rende así homenaxe a todas as mulleres da Coruña, facendo unha mención especial a aquelas que foron peza clave no desenvolvemento histórica da mesma, como as 'cigarreiras', as traballadoras da histórica Fábrica de Tabacos, peza clave do impulso fabril da cidade e tamén do movemento sindicalista e dos dereitos laborais.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión