6 de setembro de 2015
Convocouse a toda a Corporación a un minuto de silencio este luns, ás 12.00 horas, ás portas do Pazo de María Pita, que pretende amosar o apoio dos coruñeses e coruñesas ás persoas golpeadas por esta traxedia
A Corporación municipal da Coruña, en nome de toda a cidadanía, manifesta a súa conmoción pola traxedia vivida onte en Carral durante a celebración dunha proba automobilística e comparte a dor das familias e amizades das vítimas, ás que traslada o seu máis sentido pésame.
En sinal de respeto e solidariedade, o alcalde decretou tres días de loito oficial no municipio da Coruña. As bandeiras ondearán a media hasta.
O loito oficial conleva o cambio de data do Pleno ordinario previsto para este 7 de setembro. Así mesmo, o goberno municipal convoca ao conxunto da Corporación para este luns ás 12.00 horas para gardar un minuto de silencio ás portas do Pazo de María Pita, co que pretende amosar a solidariedade dos coruñeses e as coruñesas coas familias das persoas golpeadas por esta traxedia.
Ademais, o Concello da Coruña quere recoñecer a entrega dos traballadores e traballadoras que formaron parte do dispositivo que atendeu aos familiares e amigos das vítimas na noite do sábado, de xeito moi especial ao persoal municipal e ao equipo de atención psicolóxica da Cruz Vermella.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible