Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2023

Ademais, e co obxectivo de facilitar toda a información precisa ás persoas interesadas no programa, ata este venres 24 levaranse a cabo diversas sesións informativas nos centros cívicos municipais

O Concello da Coruña facilita a tramitación das Bolsas Comedor ampliando os horarios de atención, que se estende ás tardes de luns a venres e sábados á mañá

Esta ampliación de horarios farase efectiva desde este martes 21 nas oficinas de atención á cidadanía habilitadas especificamente para este proceso, no Fórum Metropolitano e o Centro Sociocultural Ágora

Ata o vindeiro 12 de abril, o Concello da Coruña mantén aberto o prazo de solicitude das Bolsas Comedor de cara ao curso escolar 2023-2024, unha convocatoria dirixida ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado en centros educativos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional e Formación Profesional Básica.

Esta iniciativa, impulsada polo Goberno de Inés Rey, ten como finalidade incrementar o apoio ás familias que teñan dificultades para atender ás persoas que teñen ao seu cargo. Ademais, e co obxectivo de facilitar a tramitación das axudas, o Concello vén de executar unha ampliación dos horarios e localizacións para a súa solicitude, atendendo á demanda específica por barrios.

Desta forma, e desde este martes, aos rexistros xerais xa dispostos de luns a venres, en horario de mañá, súmanse as oficinas de atención á cidadanía habilitadas especificamente para este proceso, no Fórum Metropolitano e no Ágora, que estarán abertas de luns a venres, en horario de tarde, e tamén os sábados pola mañá.

Así, e tras esta ampliación, que se fará efectiva mañá, a documentación para solicitar as Bolsas Comedor 2023-2024 poderá presentarse de forma presencial nos seguintes horarios e localizacións:

DE LUNS A VENRES

Horario de mañá (8.00 a 14.00 horas): Rexistros xerais de María Pita, rúa da Franxa e rexistro do centro cívico de Novo Mesoiro; así como os rexistros xerais e as oficinas de atención á cidadanía do Fórum Metropolitano e Ágora.

Horario de tarde (16.00 a 19.30 horas): Oficinas de atención á cidadanía do Fórum Metropolitano e Ágora.

SÁBADOS

Horario de mañá (9.00 a 12.30 horas): Oficinas de atención á cidadanía do Fórum Metropolitano e Ágora.

A presentación de solicitudes, habilitada en formato presencial e telemático

A solicitude das Bolsas Comedor 2023-2024 pode formalizarse por vía presencial e tamén a través de Internet, por vía telemática, seguindo os pasos marcados na web de Servizos Sociais e sempre que a persoa usuaria dispoña de certificado electrónico. Os formularios de solicitude poden descargarse a través da ficha das  Bolsas comedor desde o pasado luns 13 de marzo.

As persoas interesadas poderán recibir máis información nos centros cívicos municipais, a través do teléfono de atención cidadá 010 e na web de Servizos Sociais. 

Ademais, e co obxectivo de facilitar toda a información precisa ás persoas interesadas no programa, desde o pasado día 15 de marzo estanse a realizar diversas sesións informativas nos centros cívicos municipais. Levaranse a cabo ata este venres 24:

  • 20 de marzo (16.00 horas): Centro Cívico dos Rosales.
  • 21 de marzo (10.00 horas): Centro Cívico de San Diego.
  • 23 de marzo (18.00 horas): Centro Cívico dos Mallos.
  • 24 de marzo (10.00 horas): Centro Cívico de Pescadores.

As novidades desta edición das Bolsas Comedor

Como principal novidade, esta edición das Bolsas Comedor habilita a concesión automática da axuda para o pagamento do comedor escolar aos menores que se atopen nun programa de inclusión social e transición á vida autonóma da Rede Municipal de Acollida.

Ademais, as bases desta nova convocatoria atenden á realidade das familias nas que exista unha vítima de violencia de xénero. A novidade radica en que non computará como membro da unidade familiar nuclear o agresor, excluíndo os seus ingresos do cálculo da capacidade económica da unidade familiar.

O curso pasado o número de bolsas concedidas foi de 2.766, o que supuxo un incremento do 10 % con respecto ao ano anterior. É a cifra máis alta na historia deste programa social promovido polo Concello. Tamén o pasado ano foi o de máis peticións, con 3.949 solicitudes.

Tamén che pode interesar

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión