Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xuño de 2022

O Concello da Coruña oferta máis de 800 prazas para formación gratuíta en liña en comercio e márketing

O prazo de inscrición comeza mañá, 20 de xuño, e permanecerá aberto ata o inicio dos cursos, o vindeiro 4 de xullo

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, ofrece un novo catálogo de accións formativas en liña para ampliar as habilidades no mundo laboral. O prazo de inscrición será do 20 de xuño ao 4 de xullo, día que darán comezo os cursos; a matrícula pode realizarse dende a web municipal de Emprego .

Ábrense para a convocatoria máis de 800 inscricións en materias relacionadas co comercio e o márketing, como comercio electrónico e venda en liña, o teletraballo e o "call center", "comunity manager", satisfacción ao cliente, calidade e resolución de queixas. Recóllese tamén entre a oferta un dos cursos máis demandados á hora da empregabilidade: manipulación de alimentos. Esta medida está deseñada para persoas en desemprego ou que queiran mellorar o seu emprego, adquirindo ou mellorando as súas habilidades no mundo laboral.

Todas as accións formativas están dirixidas a competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual. Estas serán íntegramente en liña, dispoñibles e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana. Terán preferencia na matrícula as persoas maiores de 16 anos que estean empadroadas no Concello da Coruña e será gratuíta para residentes no municipio. Pódese consultar máis información na web de  Emprego a partir de mañá, día 20 de xuño, día de apertura do prazo de solicitude.

Anterior convocatoria de formación en liña

O pasado mes de marzo, o Concello da Coruña abriu unha convocatoria de formación en liña, con 13 cursos programados de idiomas en diferentes linguas e niveis (inglés, alemán e francés), así como 10 da rama de administración de empresas con especializacións en seguridade informática, sinatura dixital, rexistros electrónicos, trámites en liña, interpretación da linguaxe corporal, comunicación persuasiva, control emocional ou habilidades directivas.

Na convocatoria de marzo ofertáronse un total de 700 prazas, das que se solicitaron 596 matrículas, 336 en idiomas e 260 en administración de empresas. Un claro exemplo de que a formación en liña está cada vez máis demandada e requirida pola cidadanía.

Continúan os cursos de Coruña Suma

Ademais da formación en liña, o Concello da Coruña ten en marcha o proxecto Coruña Suma, unha iniciativa cofinanciada polo Fondo Social Europeo que pretende mellorar a inserción laboral de persoas en desemprego. Ata o mes de setembro, no marco de Coruña Suma está previsto o inicio de outros 6 cursos de formación para persoas desempregadas:

  • 7 de xullo. Rexistros contables.

  • 14 de xullo. Técnicas administrativas básicas de Oficina.

  • 26 de xullo. Alteracións dexenerativas, demencias e Alzhéimer.

  • 7 de setembro. Programación orientada a obxectos con JAVA.

  • 1 de setembro. Técnicas de recepción e comunicación.

  • 15 de setembro. Xestión comercial de clientes con novas tecnoloxías.

Coruña Suma forma parte da batería de medidas postas en marcha polo goberno de Inés Rey durante o actual mandato para o fomento do emprego. A información pode consultarse en  Coruña Suma .

Para acceder ao proxecto é preciso solicitar unha cita de orientación laboral co persoal técnico do proxecto Coruña Suma (AP-POEFE), xa que un dos obxectivos é axustar as expectativas profesionais das persoas e os sectores con maiores posibilidades de achar emprego no Concello da Coruña. Ademais, existe a posibilidade de que as persoas participantes nas accións formativas conten cunha axuda por asistencia se cumpren os requisitos establecidos polo Fondo Social Europeo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión