Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de marzo de 2023

O acto, aberto ao público, contará coa intervención de expertos do ámbito social e sanitario, obradoiros para persoas maiores e unha actuación do cómico Xosé Antonio Touriñán

O Concello da Coruña organiza o vindeiro martes 14 no Ágora un encontro para debater sobre a soidade non desexada en persoas maiores

A alcaldesa, Inés Rey, abrirá a xornada acompañada de Matilde Fernández, presidenta do Observatorio Estatal de Soidade non Desexada

O Concello levará a cabo o vindeiro martes, 14 de marzo, o encontro Coruña Acompaña, unha xornada para reflexionar sobre as boas prácticas e os novos retos aos que se enfrontan as Administracións locais para combater a soidade non desexada nas persoas maiores.

A alcaldesa, Inés Rey, abrirá a xornada acompañada de Matilde Fernández, ministra de Asuntos Sociais entre 1988 e 1993 e actual presidenta do Observatorio Estatal de Soidade Non Desexada da Fundación Once. Ambas as dúas conversarán sobre as iniciativas e recursos que teñen as cidades para que os seus cidadáns de máis idade se sintan acompañados. Moderará o coloquio a xornalista Chus Castro.

O programa conta tamén cunha mesa de debate na que intervirá a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, Yoya Neira, xunto a responsables dalgunhas das entidades que traballan da man do Concello para loitar contra a soidade non desexada. Está prevista a presenza da directora de Cáritas Interparroquial da Coruña, Pilar Farjas, do presidente da Asociación Benéfica Renacer, José Fernández Pernas, e da presidenta provincial de Cruz Vermella, Mercedes Casanova Díaz.

A sesión da mañá completarase cunha actuación do cómico Xosé Antonio Touriñán e conferencias sobre envellecemento a cargo do doutor Francisco Martelo Villar, presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, e os académicos Francisco Javier De Toro Santos e José Luís Rodríguez-Villamil.

Pola tarde haberá unha conferencia a cargo de Onésimo Juncos Rabadán, da Universidade de Santiago de Compostela, co-director da Cátedra Cruz Vermella Española para a mellora da calidade de vida das persoas maiores. Ademais, haberá dous obradoiros: de fisioterapia e movemento para un envellecemento saudable, impartido por Rodrigo Rubial Lalín, fisioterapeuta e xerontólogo clínico, e tamén un taller práctico de actividade física acompañada ao ritmo da música e a través do baile.

O desenvolvemento desta xornada parte dunha iniciativa do Grupo de Traballo de Persoas Maiores do Consello de Inclusión Social do Concello da Coruña. Este grupo de traballo está formado por representantes de Cruz Vermella, Cáritas e a CIG, así como representantes universitarios e da ONG Sen Valos, que actúa como coordinador.

Documentos:

Programación do encontro 'Coruña Acompaña' (780 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión