Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de marzo de 2023

O Concello da Coruña pon en marcha o programa ‘Recuncho do Xogo’ para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións escolares de Semana Santa

Os centros cívicos municipais ofrecerán actividades gratuítas para menores de 4 a 12 anos, os días 3, 4 e 5 de abril

O vindeiro luns, día 20 de marzo, ábrese o prazo de inscrición para o programa municipal 'Recuncho do Xogo', que abrangue as actividades infantís gratuítas que ofrecerán os centros cívicos da cidade os días 3, 4 e 5 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa.

A concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, Yoya Neira, sinalou que este programa, que se ofrece en 20 centros cívicos coruñeses, busca favorecer a conciliación familiar no contexto vacacional. "En 14 dos centros vanse ofrecer dous horarios: o xeral, de 10.00 a 13.30 horas, e o ampliado, de 9.00 a 14.30 horas, co fin de adaptarnos ás necesidades das nais e pais", apuntou Neira.

Os tres días de actividades do programa municipal 'Recuncho do Xogo' xirarán arredor da astronomía e as estrelas, a través de obradoiros, xogos e dinámicas grupais.

'Recuncho do Xogo' ofrecerase nos seguintes centros cívicos:

  • Horario xeral (de 10.00 a 13:30): A Silva, Feáns, Visma, Sagrada Familia, Santa Lucía e Pescadores.
  • Horario xeral (de 10.00 a 13.30) e ampliado (de 9.00 a 14.30): Monte Alto, Labañou, Novoboandanza, Castrillón, Os Mallos, Novo Mesoiro, Cidade Vella, Eirís, Elviña, San Diego, Palavea, Os Rosales, Artesáns e Monelos.

O prazo de solicitude de prazas, aberto entre o 20 e o 29 de marzo

As persoas interesadas poderán inscribirse entre o luns 20 e o mércores 29 de marzo, ambos os dous días incluídos, no centro cívico onde se solicite a praza, no horario habitual de atención ao público. As prazas ofertadas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Neste sentido, hai dez prazas destinadas a menores con necesidades educativas especiais e diversidade funcional. As persoas interesadas en inscribirse nestas prazas deberán facelo no centro cívico de Labañou, no horario habitual de atención ao público.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión