10 de xaneiro de 2023
Xa está aberto o prazo de inscrición nos percorridos de xaneiro, que abrangue rutas polo deporte coruñés e o Palacio dos Deportes, así como polas principais localizacións da Coruña romana e dos anos da Ilustración
O Concello da Coruña promove desde esta fin de semana e ata finais de maio un calendario de case 40 percorridos guiados ideados para dar a coñecer as diversas etapas históricas da cidade, así como as principais efemérides, e, por outra banda, as orixes da mitoloxía e as lendas tradicionais asociadas á Coruña.
As andainas, con acceso de balde ata completar a capacidade prevista para cada un dos percorridos (20 prazas os días de percorrido en venres; e 30 os domingos), están dirixidas polo historiador e guía turístico Suso Martínez e comezarán este venres 13 de xaneiro co 'Deporte coruñés e 50 anos do Palacio de Deportes de Riazor', unha viaxe no tempo que achegará, de forma amena, a traxectoria das pioneiras e os principais persoeiros do deporte na historia da cidade.
A iniciativa, dirixida preferentemente ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais maior de idade, enmárcase dentro dos plans do Goberno de Inés Rey para a promoción do deporte e a cultura na Coruña.
Xa este domingo, día 15 de xaneiro, terá lugar un percorrido especial, 'Corunna 1809, a paso de vencedores', unha andaina guiada de carácter temático que conmemora os 214 anos da batalla de Elviña. Serán case 7 quilómetros de traxecto, partindo desde o inicio da avenida de Monelos ata o monte Mero, baixando a Elviña e rematando o percorrido ante o monolito en homenaxe a Sir John Moore no campus universitario de Elviña. O prazo de inscrición para participar nesta ruta xa está pechado e as prazas esgotadas.
Ademais, neste mes de xaneiro están previstos outros tres percorridos: o día 22, pola 'Coruña da Ilustración'; o día 27, novamente polo 'Deporte coruñés e 50 anos do Palacio de Deportes de Riazor' e o día 29, pola 'Coruña romana'.
O formulario de solicitude para asistir ás andainas previstas este mes, a excepción de 'Corunna 1809, a paso de vencedores', coas prazas xa completas, está aberto desde este martes, 10 de xaneiro. Pódese acceder a través desta ligazón. A información completa sobre os horarios e percorridos de xaneiro está dispoñible na ficha sobre as Andainas Mayo 2023 .
Ademais, e a maiores destes cinco percorridos programados neste mes de xaneiro, o Concello prevé levar a cabo outras 34 andainas entre febreiro e maio. O calendario completo é o seguinte:
Febreiro
Marzo
Abril
Maio
5 de febreiro de 2025
4 de febreiro de 2025
4 de febreiro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible