Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de abril de 2023

O Concello da Coruña reabre a rúa Santander tras finalizar a súa reurbanización e humanización, e continúa coas melloras de accesibilidade peonil nos Mallos

A intervención supuxo a instalación de novo mobiliario urbano e a renovación da rede de saneamento na contorna, e completarase nos vindeiros días coa incorporación de arboredo

O Concello da Coruña reabriu ao tráfico a rúa Santander, no barrio dos Mallos, onde remataron os traballos de reurbanización e mellora que comezou a acometer a Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade no último trimestre do ano pasado, co obxectivo de mellorar os espazos de mobilidade peonil e circulación de vehículos.

Tal e como estaba previsto, a rúa mantén a mesma configuración que tiña anteriormente, sen variación no referente ao número de prazas de estacionamento e á circulación do tráfico rodado. Melloráronse e ampliáronse as beirarrúas e adaptáronse ás esixencias actuais en materia de accesibilidade, cun novo pavimento podotáctil.

Ademais diporase arboredo ao longo da beirarrúa e completaranse novas áreas axardinadas na contorna. Tamén se instalou novo mobiliario urbano ao longo da vía e leváronse a cabo diversas melloras na rede de saneamento municipal, substituíronse os antigos colectores por uns novos, de PVC e cun diámetro máis amplo, de 315 mm, o que reforza a seguridade da rede fronte a posibles fugas.

A intervención na rúa Santander, que contou cun orzamento de 314.000 euros, dá continuidade ás intervencións executadas no barrio dos Mallos, onde tamén están en marcha os traballos de humanización da rúa Ramón Cabanillas, que forman parte do plan de ampliación da Rolda Peonil que atravesa a cidade de leste a oeste.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión