15 de marzo de 2018
O recoñecemento, que concede o Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón (Aspapel), valora 21 indicadores do proceso de recollida, accións de información e concienciación e aspectos de regulación e planificación da xestión, entre outros
A Concello da Coruña recibiu hoxe a máxima distinción dos premios Pajaritas Azules 2018, un recoñecemento que a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón outorga aos municipios pola súa excelencia na xestión da recollida selectiva de papel e cartón. A concelleira de Medio Ambiente, María García, recolleu está mañá o galardón, de tres paxariñas, nunha cerimonia de entrega en Madrid e destacou que "A Coruña é un modelo de compromiso ambiental que aposta pola separación de residuos e que conta coa sensibilidade da súa veciñanza para mellorar cada vez máis o sistema".
Os premios evalúan 21 indicadores relacionados con todo o proceso de recollida, as campañas e accións de información e concienciación á cidadanía, a planificación e regulación da xestión e tamén os resultados e a trazabilidade até a reciclaxe final. Neste sentido, García explicou que o goberno local ten feito un esforzo nas campañas vinculada á reciclaxe e á recuperación de papel e cartón, como son as iniciativas enfocadas ao comercio e á hostelería. Así lembrou que na cidade existen 259 centros colaboradores, todos eles grandes produtores de papel cartón como centros educativos, centros cívicos ou residencias que participan dunha recollida de papel cartón específica. Tamén destacou as actuacions para a fomento da reciclaxe deste material coas recollidas porta a porta para o sector comercial, que se realiza tres días á semana na zona centro da cidade. Esta iniciativa refórzase durante o mes de Nadal con recollidas diarias, que se estenden tamén as áreas comerciais de Os Mallos, A Gaiteira e a rúa Barcelona.
A edil de Medio Ambiente incidiu en que, precisamente, o goberno local busca mellorar o sistema de recollida na próxima contratación do servizo, para o que a Concellería realizou unha intensa labor de consultas entre o tecido social e industrial da cidade durante a súa exposición pública co obxectivo de mellorar os pregos de contratación do mesmo. Deste xeito, o goberno local busca un "servizo máis próximo e máis cómodo, que mellore a limpeza e coidado do espazo público, e que incluirá un incremento da reciclaxe e o tratamento de residuos in situ, asumindo as directrices que nos marcamos dende 2015 e cunha aposta decidida pola economía circular, que xa é un mandato europeo, e o residuo cero avances". Neste prego, continuarase coa lóxica de serguir facilitando a recuperación deste material dos grandes produtores pero tamén favorecendo a reciclaxe por parte da veciñaza. Así, levarase a cabo a renovación dos contenedores -dos que un 25% serán accesibles para persoas con mobilidade reducida- e a instalación de máis unidades, que se disporán xunto a outros contenedores para facilitar a reciclaxe. Medio Ambiente dará continuidade tamén as campañas de sensibilización desenvoltas para centros educativos e outros colectivos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible