Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2023

Ao longo da semana que vén renovaranse as sendas peonís, actuando por tramos para manter o parque aberto ao público mentres duren os traballos

O Concello da Coruña renova o firme e o mobiliario urbano do Parque Europa

Este xoves comezaron as intervencións preliminares, coa desmontaxe dos bancos metálicos, así como das fontes e as papeleiras, que serán substituídas por outras novas

O Concello da Coruña comezou as intervencións previas aos traballos de renovación do firme no percorrido peonil que bordea as áreas verdes do Parque Europa, situado entre os barrios de Catro Camiños e A Gaiteira.

Os traballos iniciáronse este xoves coa retirada do mobiliario urbano disposto ao longo do paseo. Os antigos bancos, así como as fontes e papeleiras do parque, serán substituídos posteriormente por novo mobiliario.

As obras de substitución do firme do paseo, que se iniciarán durante a vindeira semana, implicarán peches por treitos, de carácter temporal, nas áreas afectadas. A medida que avancen os traballos de renovación do pavimento, o camiño irá abríndose progresivamente, tamén por treitos.

A intervención implicará a disposición dunha capa inferior de formigón e, xa posteriormente, o estendido dunha mestura bituminosa de tres centímetros de espesor. O obxectivo é rasear o pavimento e facelo, ademais, máis accesible. Neste sentido, os traballos para renovar o firme executaranse tamén na contorna do dragón e do estanque, así como no treito que vai en dirección á área de xogos infantís situada no sector leste do Parque Europa.

Os traballos contan cun orzamento de 187.805 euros e rematarán nas vindeiras semanas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión