Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de setembro de 2015

O Executivo local incluirá como condición esencial nos Pregos de todos os contratos o respecto ás condicións laborais fixados nos pregos de contratación

O Concello da Coruña solicita á empresa encargada do mantemento da rede semafórica que manteña o actual número de postos de traballo adscritos a este servizo

Os concelleiros de Mobilidade Sostible e Emprego e a concelleira de Facenda reuníronse este mércores con representantes da UTE TelventAluvisa, á que solicitaron explicacións polas baixas producidas na compañía, que non foron comunicadas en tempo e forma ao Goberno municipal



Os concelleiros de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, Emprego e Economía Social, Alberto Lema, e a concelleira de Facenda e Administración, Eugenia Vieito, reuníronse este mércores con representantes da empresa UTE TelventAluvisa, que se encarga do mantemento e reparación da rede semafórica da cidade. Os edís convocaron a reunión para revisar as últimas baixas producidas na compañía e solicitar explicacións sobre o motivo polo cal estas non foron comunicadas en tempo e forma ao Concello.

Así, na citada xuntanza, os representantes do Concello solicitaron á empresa que lles remita o actual organigrama actualizado do servizo que presta. Tamén se lle comunicou a TelventAluvisa que estas baixas laborais incumpren os Pregos do contrato e son “susceptibles” de desembocar en sancións, ao non ter sido comunicadas ao Goberno municipal nos prazos marcados.

Os concelleiros manifestaron a súa intención de que a empresa manteña o actual número de postos de traballo adscritos ao servizo que desempeña coa rede semafórica da cidade. Ademais,  manifestaron o seu compromiso de incluír en todos os contratos licitados polo Concello “a consideración como condicións esenciais o respecto polas condicións laborais fixadas nos pregos de contratación”. “O Goberno local será especialmente esixente co cumprimento destas condicións, cuxo incumprimento será causa de resolución do contrato”, advertiron.

Por outra banda, os representantes do Goberno da Coruña emprazaron á empresa TelventAluvisa a unha nova reunión que será convocada en breve.

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión