Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de decembro de 2016

O Concello da Coruña subscribe un protocolo de colaboración con outras 30 entidades estatais e sudamericanas "para abrir a gobernanza á cidadanía"

A concelleira de Participación, Claudia Delso, defende a cooperación entre institucións e o uso do software libre “para avanzar na necesaria actualización das administracións públicas”

O Concello da Coruña vén de presentar esta mañá, xunto a 30 entidades do Estado e Sudamérica, un protocolo de colaboración no que fixan obxectivos comúns de cara á facilitar ferramentas á cidadanía dos seus municipios para favorecer a participación directa e individual na toma de decisións dos gobernos locais. Así, cada unha das institucións que subscriben a iniciativa, que proceden dunha quincena de Comunidades Autónomas e de tres cidades latinoamericanas --Buenos Aires, Mendoza e Nariño--, comprométense implementar unha plataforma dixital e poñela á disposición da veciñanza para facilitar a súa participación. Con esta decisión, o executivo coruñés refrenda o protocolo de colaboración subscrito co Ayuntamiento de Madrid o pasado mes de maio, "e amplía o seu compromiso co traballo compartido e en rede con outros municipios, na liña de aposta pola cooperación entre institucións para abrir a gobernanza á cidade", sinala a edil Claudia Delso, quen indica que o Concello xa a está a empregar este novo mecanismo, de software libre, a través da plataforma www.aportaaberta.coruna.es, inspirada na desenvolta polo consistorio madrileño www.decide.madrid.es, e que permitiu impulsar e desenvolver o proceso dos Orzamentos Participativos --no que a veciñanza decidiu o destino do investimento dun millón de euros nos presupostos municipais do ano que vén, e que o Goberno local inclúe no seu proxecto orzamentario--.

"Na Coruña a participación enténdese, agora, como un dereito. Gracias a propostas como esta plataforma, converterase en estrutural para este Concello", dixo Delso, quen avanzou que o executivo local implementará novas modalidades desta proposta nos próximos meses. "Entendemos que a ética do colaborativo e do software libre, así como da cooperación entre institucións, é o camiño para avanzar na necesaria actualización das administracións públicas, que deben ter un fondo compromiso coa cidadanía, o ben común e coa innovación democrática", afirmou a responsable municipal.

A edil interviu esta mañá no acto de presentación da proposta, que se desenvolveu a través de videoconferencia no que participaron representantes das distintas entidades que subscriben o protocolo, como son, ademais do Concello da Coruña, os de Buenos Aires e Mendoza (Arxentina), Nariño (Colombia), Alicante, Arona (Tenerife), Benalmádena (Málaga), Buñol, Cádiz, Calvià (Mallorca), Carreño (Asturias), Castellón, Chiloeches (Guadalajara), Ciempozuelos, Getafe, Golmayo (Soria), Huesca, Oviedo, Palma (Mallorca), Pamplona, Rivas Vaciamadrid, Sitges, Talamanca del Jarama, Tarragona, Toledo, San Sebastián de los Reyes, Valdemorillo e Valencia. Tamén se compromenteron coa apertura á cidadanía das ferramentas de participación o cabildo de Gran Canaria, o Consell de Mallorca, a Deputación de Valencia e a Universidad Complutense.

A plataforma dixital conta con distintos módulos que permiten articular a participación da cidadanía nas diversas tomas de decisións, como os orzamentos participativos, proposta que se desenvolveu deste o Goberno local a través de A Porta Aberta; propostas cidadás, que permiten que cada veciña e veciño poidan facer achegar para mellorar os municipios e, se obteñen apoios suficientes, a institución poida levar a cabo a proposta; lexislación colaborativa, que facilita a colaboración na redacción de normativas e textos municipais; debates, para xerar conversación sobre un tema de interese para a localidade; e o propio módulo de procesos participativos, para facilitar a participación no desenvolvemento dos mesmos.
 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión