Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

12 de agosto de 2020

O Concello destina 180.000 euros para bolsas de creación artística

Convócanse 36 bolsas de até 5.000 euros para artistas individuais empadroadas/os na Coruña, co obxectivo de fomentar a actividade creadora na cidade.

O Goberno local aprobou a semana pasada as bases que regulan a convocatoria de bolsas de creación artística para artistas individuais por valor de 180.000 euros. Estas axudas, que forman parte do eixo 3 da liña 6 do Plan de reactivación económica e social da Coruña, PRESCO, teñen por obxectivo apoiar e estimular a creación de proxectos de artistas locais como medio para promover a creación cultural na nosa cidade.

Deste xeito, foméntase a actividade creadora e facilítase a promoción das artes; plásticas, escénicas, literatura, deseño, ilustración, cómic, proxectos de investigación e creación de obra musical, e a difusión da súa obra mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2020. As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días naturais unha vez saia publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Convócanse 36 bolsas de creación artística de até 5.000 euros para artistas individuais empadroadas/os na Coruña. Pódense presentar as persoas maiores de idade empadroadas na Coruña desde polo menos fai 2 anos.

O edil de Facenda, José Manuel Lage, destacou que estas bolsas súmanse á campaña de Bonos Cultura destinados a  incentivar o consumo de produtos culturais na nosa cidade. E lembrou que o Goberno local que preside Inés Rey ven de mobilizar máis de 13 millóns de euros a través do PRESCO para a reactivación económica da cidade. "A alcaldesa estableceu como obxectivo prioritario non deixar a ninguén atrás. As bolsas de creación artística enmárcanse dentro desa liña", sinalou.

Modalidades das axudas                                                                

Proxectos realizados na cidade da Coruña e/ou relacionados coa cidade nas seguintes modalidades:

-Deseño de proxectos artísticos con liberdade técnica e mais de formato.

-Produción de proxectos artísticos.

-Realización de proxectos artísticos vinculados á mobilidade das e dos creadores ou á súa obra para participar en xiras, festivais, exposicións ou residencias, a condición de que non teñan por obxecto cursar estudos regrados ou a obtención dalgunha titulación académica e sexan fóra da Comunidade Autónoma de residencia, en ámbito nacional ou internacional.

-Calquera combinación das anteriores modalidades que se referir a un único proxecto.

Só se poderá realizar unha solicitude por persoa para un único proxecto.

Documentación específica que cómpre presentar:

-Proxecto detallado para o que se especifica a axuda.

-Orzamento pormenorizado de ingresos e gastos do proxecto ou iniciativa para a que se solicita a axuda.

-Memoria das actividades artísticas e culturais realizadas pola persoa solicitante, ou currículo desta, en que figure detallada a súa actividade ou experiencia no ámbito cultural.

-Cartas de aceptación ou invitación. Nos casos de mobilidade de obra e/ou creadoras/es, presentaranse as cartas de aceptación na residencia, institución, sala de exposicións etc. en que se queira realizar o proxecto.

Máis info: https://presco.gal/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión