16 de setembro de 2026
O Concello tamén reforzará o investimento no servizo de Bombeiros, destinando un total de máis de 1,5 millóns de euros para o presente exercicio
O Concello adxudicou a Jardinería Arce S.L. o contrato de mantemento, conservación, limpeza e reposición de elementos das áreas de xogos infantís, áreas biosaudables e outros espazos ou instalacións lúdicas urbanas de uso público e titularidade municipal. O investimento máximo do contrato é de uns 2,7 millóns de euros para o período inicial de execución, que é de dos anos, con posibilidade de prórroga por un máximo de tres anos máis.
"A adxudicación deste contrato chega nun momento no que o Concello está a reforzar e ampliar substancialmente a rede de espazos lúdicos, áreas de xogo infantís e áreas biosaudables da cidade. É un compromiso que este Goberno sempre levou por bandeira, porque mellorar este tipo de instalacións en todos os barrios da Coruña é o mesmo que investir na calidade de vida da veciñanza", subliñou a alcaldesa, Inés Rey.
O servizo levará a cabo tarefas como:
Realización de traballos ordinarios de mantemento preventivo (planificación, programación e control dos traballos de inspección, diagnóstico, mantemento e conservación e execución dos traballos de limpeza especial nas áreas de xogo, pavimentos e estruturas de xogo, así como doutros elementos incluídos no contrato).
Realización de traballos de mantemento correctivo segundo as necesidades dos recintos, emendando deficiencias e incidencias.
Realización de traballos extraordinarios de mantemento de maior envergadura.
Reposición ou substitución de elementos que non admitan reparación.
Realización de mantemento técnico-legal para cada tipo de instalación, incluído as inspeccións regulamentarias.
Elaboración dun inventario detallado e actualizado das áreas biosaudables e os espazos lúdicos, con seguimento exhaustivo dos seus equipamentos e necesidades.
Avaliación e diagnóstico periódico das instalacións para localizar as actuacións necesarias en cada momento.
Asegurar a correcta sinalización en todas as áreas obxecto do contrato para que cumpran coa normativa.
Asumir as actuacións de peche e apertura de áreas de xogo por alertas meteorolóxicas, estado de conservación, certificación ou outras necesidades concretas.
O inventario municipal de xogos infantís, áreas biosaudables e outros espazos lúdicos obxecto deste contrato está composto actualmente por 223 elementos. Sen embargo, dentro do referido ámbito abarcaranse tamén as novas áreas que se poidan construír no futuro.
Ademais, o adxudicatario ten a obrigación de inspeccionar polo menos unha vez á semana todas as zonas de xogo para detectar calquera anomalía e incidencia e proceder de forma inmediata ás reparacións oportunas se se precisan, ademais doutros exames máis detallados trimestrais e anuais en toda a rede de instalacións.
Tal e como recordou a alcaldesa, o Concello ten actualmente en marcha varios proxectos de remodelación e ampliación da rede de áreas lúdicas e infantís, como as obras xa en marcha na praza de Portugal, cun investimento de máis de 1,3 millóns de euros, ou as do parque Adolfo Suárez, con case 450.000 euros, así como o parque infantil cuberto do Ventorrillo, que avanza a bo ritmo e supón outros 340.000 euros de investimento, ou a ampliación da área infantil da praza de Pontevedra, que tamén comezará pronto.
En canta aos proxectos recentemente finalizados, Inés Rey lembrou a apertura dos novos espazos e equipamentos do parque de Santa Margarida, tras unha grande remodelación e ampliación das áreas de lecer, con novos elementos de xogo e de exercicio ao aire libre, repoboación vexetal e mellora dos camiños e sendas deste gran pulmón da cidade. Este proxecto supuxo un investimento de máis de máis de 740.000 euros.
"É unha mostra máis do noso compromiso con que todos os veciños e veciñas, independentemente do barrio no que vivan, teñan cerca espazos deste tipo completamente equipados e nas mellores condicións", engadiu Inés Rey.
Ampliación do servizo de extinción de incendios
Así mesmo, o Concello tamén aprobou o proxecto da Ordenanza fiscal reguladora das contribucións especiais para a ampliación do servizo de extinción de incendios para o exercicio de 2026.
"É un trámite que permitirá ao Concello aumentar o investimento no corpo de Bombeiros con case 460.000 euros adicionais no presente ano para sufragar o reforzo, funcionamento do servizo e compra de equipamentos e maquinaria", apuntou Inés Rey.
Esta cantidade sumarase aos 1.055.000 euros xa establecidos nos orzamentos. E dicir, unha mellora substancial nos medios económicos e materiais deste servizo fundamental, cun total superior aos 1,5 millóns para o presente exercicio.
Entre as melloras, actuacións e contratacións incluídas no plan do Concello para o reforzo do corpo están:
Compra de maquinaria especializada
Compra dun novo vehículo forestal
Mellora do mobiliario dos edificios do Parque de Bombeiros
Material informático para o Posto de Mando Avanzado do SEIS
Obras de remodelación no Parque de Bombeiros (renovación da fachada, reforma das oficinas, substitución dos portalón de peche do parque e outros traballos puntuais)
Adaptación do parque móbil do SEIS ás novas ferramentas conforme á normativa vixente
Mantemento, conservación e reparación da rede de saneamento
O Concello adxudicou á empresa Ute Civis Global, SLU - Mantén, S.L. os servizos para o mantemento, conservación e reparación de danos na rede de saneamento da cidade, cun orzamento máximo duns 4 millóns de euros para o período de duración inicial do contrato, que é de dous anos e coa posibilidade de tres prórrogas anuais.
Os servizos do contrato inclúen a realización de traballos ordinarios de mantemento e conservación da rede de saneamento, de forma que se controle e repare o natural deterioro que o uso cotián produce. Estes traballos se dividen fundamentalmente en dous puntos. Por un lado, o mantemento programable, referíndose a aqueles traballos cuxa necesidade de execución é previsible, principalmente con base nos datos sobre a situación actual da rede. E por outro, os traballos non programables, que son as actuacións puntuais, co fin de dar unha resposta rápida ante os danos producidos que requiran unha reparación inmediata.
Tamén se inclúe no contrato a realización de traballos extraordinarios de maior envergadura, que suporán un aforro económico para o Concello ao estar incluídos nos presuposto deste contrato. Como no caso do contrato das áreas biosaudables e infantís, o servizo inclúe o seguimento e reparación tanto das redes de saneamento actualmente existentes no ámbito municipal como todas aquelas que sexan instaladas no futuro.
Entre as tarefas e actuacións da empresa adxudicataria están incluídas as escavacións en gabias e pozos, a instalación de tubaxes e outros elementos de equipamento necesarios para a rede, a reposición dos pavimentos afectados polas intervencións, a selaxe, substitución ou recolocación de tapas de arquetas, pozos ou reixas, a reparación e limpeza de cunetas, sistemas de drenaxe e outros elementos da rede e, en xeral, todas as reparacións concretas que se deriven da actividade do servizo de mantemento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible