28 de maio de 2025
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o convenio interadministrativo coa UDC para impulsar o desenvolvemento do polo tecnolóxico e industrial de Pedralonga
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o convenio de colaboración interadministrativa coa Universidade da Coruña (UDC) para impulsar o proxecto da Cidade das TIC. Tal e como se adiantou este luns, o obxectivo deste convenio é favorecer o desenvolvemento das infraestruturas, equipamentos e servizos "dun polo tecnolóxico e industrial clave para A Coruña, tanto no presente como de cara ao futuro", subliñou Inés Rey.
Ao abeiro deste acordo, Concello e UDC solicitarán ao Ministerio de Defensa a cesión da concesión, que ata agora estaba en mans da Universidade, ao Concello. "Consideramos que se trata do paso lóxico unha vez constituída a Sociedade Xestora da Cidade das TIC en marzo de 2025, na que o Concello conta con 51%. Ademáis o Concello é quen ten as competencias en materia de urbanismo e orzamento para poder acometer a urbanización necesaria", expuxo.
No marco deste convenio o Concello destinará 11,2 millóns á rehabilitación dos tres edificios cedidos á UDC, as obras de urbanización e axardinamentos exteriores. O convenio é plurianual, ata o 2028 e con posibilidade de prórroga.
Rey destacou tamén que a UDC manterá o liderado científico e investigador na Cidade das TIC.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible