Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de agosto de 2026

O Concello elaborará un plan de difusión e posta en valor das rutas patrimoniais pola Cidade Vella

A acción está enmarcada no plan financiado mediante unha subvención do Ministerio de Industria e Turismo

O Concello está a elaborar un plan de difusión para as rutas patrimoniais polo ámbito da Cidade Vella. Este servizo, que está en proceso de contratación, incluirá a elaboración e deseño dos materiais de dinamización, difusión e comunicación necesarias para a execución das actuacións de activación dos itinerarios culturais e patrimoniais. 

"O centro histórico da cidade supón un dos seus grandes valores e atractivos. É unha viaxe pola historia e pola identidade da Coruña. Por iso estamos a reforzar as accións para dar a coñecer dentro e fora todas as marabillas arquitectónicas, artísticas e culturais destas rúas", subliñou a alcaldesa, Inés Rey.

O financiamento desta acción está incluída como parte do plan desenvolvido cos fondos da subvención concedida ao Concello polo ministerio de Industria e Turismo destinada ao financiamento de proxectos sostibles de mantemento e rehabilitación de Patrimonio Turístico, por un importe total de 2.088.000 euros. 

As accións de promoción e comunicación buscan xerar notoriedade e afinidade, a través de diferentes elementos gráfico-comunicativos, cos usuarios para lograr compromiso activo e un maior grao de coñecemento, ademais de incrementar a visibilidade e relevancia dos itinerarios culturais da Cidade Vella. Ademais, tratarán de mellorar, diversificar e redistribuír a oferta turístico-patrimonial na zona, garantindo experiencias de calidade para todas os visitantes. 

Tamén quere subliñarse a importancia dos itinerarios de temática específica para persoas usuarias con intereses máis concretos (arquitectura, literatura, patrimonio biocultural e xardinería, legado histórico-militar, roteiros enfocados en figuras femininas e percorridos polo legado hebreo na Cidade Vella). Deste forma, sensibilizarase ao público obxectivo sobre os roteiros turísticos alternativos que discorren polo centro histórico. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión