Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de marzo de 2022

O Concello esixe á Xunta que tramite adecuadamente os seus proxectos para os centros educativos da cidade e non prexudique ao alumnado cos seus retrasos e incumprimentos

A Comisión de Patrimonio, na que está representada a Xunta informou desfavorablemente do proxecto da propia Xunta para o CEIP Eusebio da Guarda, que acumula un ano de demora sen que a Consellaría de Educación corrixa os defectos que a propia Xunta detecta

O Concello da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia a tramitación adecuada dos proxectos en marcha en centros educativos da súa titularidade na cidade para evitar un maior prexuízo sobre o alumnado. Trátase de tres proxectos pendentes de inicio nos colexios Rafael Dieste e Eusebio da Guarda.

No caso do CEIP Rafael Dieste, a Xunta pediu licenza en xuño do 2021, licenza que foi informada favorablemente pero cuxa consecución a Xunta adiou solicitando o aprazamento do pagamento das taxas correspondentes cando lle foron solicitadas por non ter adxudicada aínda a obra. O 21 de febreiro deste ano volveron pedir o xiro de ditas taxas e procederon ao seu ingreso. O Concello xa dera informe técnico favorable en xullo do 2021. A Consellaría de Educación tardou case 8 meses en cumprir cos trámites precisos para a obtención do necesario permiso, demora que padecen os usuarios e usuarias do centro educativo público.

Por outra banda, no caso do CEIP Eusebio da Guarda, solicitouse desde a Xunta a licenza o 27 de xullo de 2021 para a reforma integral. O informe técnico levado a cabo polo Concello foi favorable en data do 19 de novembro. O 15 de decembro reuniuse a comisión do PEPRI e deu por válido o proxecto. O 13 de xaneiro deste 2022 o Concello remitiu as taxas oportunas á Xunta, que non foron aboadas ata a pasada semana. Como calquera particular ou entidade, a Xunta ten tamén a obriga de cumprir uns trámites para a obtención de licencias, trámites que no seu caso demorou ata agora.

O outro proxecto do CEIP Eusebio da Guarda ten que ver coa substitucións das varandas. A solicitude da Xunta para esta obra data do 15 de outubro do 2020. O informe municipal favorable aprobouse o 12 de novembro dese ano. A comisión PEPRI, na que está representada Patrimonio da Xunta, emitiu o 18 de decembro do 2020 un informe desfavorable. O 21 de decembro de 2021, máis dun ano despois, volveuse a presentar o proxecto, pero a comisión do PEPRI volveu rexeitalo ao comprobar que non se tiñan subsanado as deficiencias atopadas no anterior.

Polo tanto, a día de hoxe dito proxecto continúa á agarda de presentarse corrixido e non ten as taxas aboadas. O Concello da Coruña non ve, por tanto, posible outorgar á Xunta unha licenza que contravén a normativa de Patrimonio da propia Xunta. "Esiximos á Xunta que cumpra cos seus compromisos na cidade e nos seus centros educativos. Levamos tempo denunciando o desleixo da administración autonómica coa nosa cidade, desleixo que pagan os coruñeses e coruñesas e, neste caso, os usuarios e usuarias de centros educativos públicos", indiocou o executivo local.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión