6 de setembro de 2017
En contra do publicado, nin concelleiros nin concelleiras, nin persoal de apoio do executivo municipal, figuran entre os membros da asociación ‘Proxecto Cárcere’
O Concello da Coruña vén de remitir, na tarde deste mércores, un escrito á dirección do diario 'La Voz de Galicia', na que solicita unha rectificación da información publicada o pasado martes, 5 de setembro, baixo o título "El gobierno local cede la cárcel a un colectivo con decenas de cargos y militantes de Marea", ante a falta de veracidade ou a falsidade de moitas das súas afirmacións.
Amparándose na Lei Orgánica 2/1984, o Concello invoca o seu dereito a rectificación xa que non existe no actual executivo municipal, nin no seu equipo de apoio, persoas que sexan "membros" da entidade sen ánimo de lucro 'Proxecto Cárcere', que dinamizará as actividades que se realicen nos espazos habilitados no antigo cárcere provincial cando este se abra á cidadanía.
Axuntamos o escrito da Asesoría Xurídica municipal no que o goberno local solicita a citada rectificación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible