Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2025

O Concello esixirá a 16 concesionarias que salden as súas débedas coa Administración antes de xaneiro do 2026

O plan de regularización das concesións inclúe a posibilidade de rescatar todos aqueles bens cedidos cuxos adxudicatarios non cumpran coas condicións establecidas nos contratos

Dentro do exercicio de transparencia sobre as concesións municipais que está a levar a cabo o Concello, hoxe fixéronse públicos por primeira vez os datos das concesións que non estean ao día das súas obrigas económicas recollidas nos correspondentes contratos. Das 105 concesións que xeran actividade económica -e que suman 4,3 millóns de euros anuais en cánones-, 16 acumulan impagos coa Administración local.

A Xunta de Goberno Local aprobou a semana pasada unha instrución específica para ordear as concesións municipais creando un novo marco normativo que, coa súa posta en marcha, inclúe a creación dun rexistro público e actualizado de todas elas, ano tras ano. Os novos datos actualizados estarán dispoñibles na web municipal para que calquera poida consultalos.

"Coa publicación da información sobre concesións permitimos que calquera cidadán poida coñecer como se están a xestionar os recursos públicos, mais a instrución busca tamén por primeira vez ordear ese patrimonio e garantir que os termos de todas e cada unha das concesión se cumpran", indicou o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, que defendeu a importancia de "poñer luz, orde e xestionar o patrimonio con criterios de racionalidade e eficiencia". "O Goberno de Inés Rey foi o primeiro en dar un paso adiante coa xestión das concesións, co fin de buscar dar o mellor servizo, mais tamén de garantir a obtención de recursos que son de todas e todos os coruñeses", indicou Lage. 

O Concello avanzou nesta liña de acción, ampliando os datos dispoñibles sobre as concesións públicas suxeitas a canon, cantidades que oscilan en función da tipoloxía da concesión, do seu prazo de duración e tamén dos estudos de viabilidade e de explotación, que permiten establecer unha previsión de ingresos e custos para as adxudicatarias. Agora ademais inclúe os datos sobre as concesionarias con débedas coa Administracións, ben por impago de canons, ben por impago de taxas e impostos ou ben por ambos motivos.

O plan de regularización establece tamén un prazo máximo, xaneiro do 2026, para que todas as empresas regularicen a súa situación. De non facelo, ademais de reclamarlle a débeda, o Concello poderá rescatar as concesións para sacalas novamente a concurso.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión