Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de outubro de 2015

O Concello estuda levar á Fabrica de Tabacos servizos municipais que dean apoio aos futuros usos xudiciais do edificio

Estamos satisfeitos porque un edificio emblemático da Coruña volve ser recuperado para un uso público, salientou o alcalde, Xulio Ferreiro

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou na mañá deste martes, xunto a representantes da Xunta e do ámbito da Xustiza, as obras de rehabilitación do edificio da antiga Fábrica de Tabacos, que pasará a ser sede xudicial para dar acollida á Audiencia Provincial, a Fiscalía coruñesa e os xulgados de Menores e Vixilancia Penitenciaria, entre outros servizos. “Estamos satisfeitos porque un edificio emblemático da Coruña, como é a Fábrica de Tabacos, volve ser recuperado para un uso público”, salientou o rexedor, quen avanzou que o Concello está a estudar o uso que dará ao espazo que o convenio de cesión do inmoble reserva a usos a decidir pola Xunta e o Goberno municipal. “Estamos barallando ideas, incluso usos que sexan compatibles co xudicial ou que apoien ao xudicial, pero requiren falalo con outras administracións”, adiantou Ferreiro, quen destacou ademais que a reforma dará solución aos problemas de espazo que sofren os órganos xudiciais da cidade e deixa aberta a posibilidade e ampliar o seu número no futuro.

No percorrido estiveron presentes, entre outros, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, que subliñou que a obra “asegura a cobertura máis que suficiente de toda a infraestrutura xudicial na cidade da Coruña de presente e en futuro” e remarcou a importancia de que se cumpran os prazos fixados.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión