17 de decembro de 2019
Tras comunicarlles hoxe nunha reunión o cambio, desde María Pita comprométense a axilizar no que poidan o proxecto que finalmente estará ubicado na antiga escola infantil do barrio
O Goberno local estuda o uso do soar en Eirís que se lle cedeu á Xunta para construír a residencia da Terceira Idade, tras notificarlles esta mañá que o desestimaban a prol dun segundo situado onde a antiga escola infantil do barrio. A titular Fabiola García reuniuse coa concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e o edil de Infraestruturas, Juan Manuel Díaz Villoslada, para explicarlles o novo proxecto financiado pola Fundación Amancio Ortega e que finalmente estará noutra ubicación. O Goberno autónomico aposta agora por un terreo edificado e que necesitan derruír, polo que lle solicitou ao Concello axilidade á hora de demoler o inmoble para erguer o que dará acubillo a preto de 150 usuarios e usuarias.
Tras a comunicación hoxe desta novidade, desde o Goberno local aseguran que velarán polo interese xeral da cidadanía e que tratarán de darlle saída e apoiar en todo o que sexa posible esta iniciativa de cara a que a nova residencia dea servizo en 2020. Sobre a parcela cedida, o convenio en que se plasmou a doazón queda finalmente invalidado ao non destinala ao uso que se lle tiña asignado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible