Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de outubro de 2019

O Concello estudará as peticións da Asociación de Comerciantes Distrito Picasso da Coruña

Rey recibiu as representantes da entidade para escoitar as súas demandas na mellora da zona comercial do centro da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no consistorio a presidenta e a vicepresidenta da Asociación de Comerciantes Distrito Picasso, Belén Chaver e Sandra Ripoll respectivamente, no que foi unha primeira toma de contacto institucional entre a entidade e o concello.

Chaver valorou a reunión de forma "moi cordial e positiva" posto que, explicou, "Rey escoitou todas as nosas peticións e entendeu á perfección as necesidades" desta zona comercial do centro da cidade. Entre estas peticións, destacou, están "a mellora do tráfico na zona, a accesibilidade e a humanización dalgunha rúa en concreto e o soterramento dos contedores de lixo".

A presidenta da entidade herculina tamén lle pediu á rexedora que se potencie a accesibilidade da Casa Picasso posto que é un dos valores da zona que, ademais, "é moi visitado e aclamado por turistas e cruceiristas" que chegan á cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión