Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2024

Inés Rey: “Ampliamos o desconto a un total de cinco liñas, a da UDC e outras catro regulares, dando resposta a universitarios e universitarias residentes noutras zonas da cidade”

O Concello extende o desconto do 60% do autobús urbano a universitarios usuarios das liñas 12 e 12A

A rebaixa será efectiva dende o próximo luns 15 de abril, cun prezo de 0,15 no billete a través da App Millenium

O Concello da Coruña extenderá o desconto do 60% en vigor no perfil universitario para o billete do bus urbano a dúas novas liñas, de acordo coa política de promoción do transporte público impulsada polo Goberno de Inés Rey. A alcaldesa anunciou que a bonificación ampliarase ás liñas 12 (Os Rosales-CHUAC-Materno) e 12A (Ciudad Escolar-CHUAC-Materno).

Esta medida, en vigor desde o 3 de outubro do 2022 froito dun convenio de colaboración entre o Concello e a UDC para dous cursos universitarios, tiña como obxecto de bonificación no perfil universitario a liña da UDC (Praza de Pontevedra-Elviña-UDC), xunto con outras dúas liñas. A liña 24 (Praza de Pontevedra - O Carón) e a 2A (Abente e Lago-Hospital de Oza e As Xubias). "Ampliamos o desconto a un total de cinco liñas, a da UDC e outras catro regulares, dando resposta a universitarios e universitarias residentes noutras zonas da cidade" explicou a alcaldesa.

O billete custará 0,15 euros, prezo xa en vigor no resto de liñas do convenio de acordo con a bonificación do 60% universitario. O prezo complétase co 50% que o Concello vén aplicando xunto co Goberno de España desde xaneiro de 2023, dispoñible en todas as tarifas coa tarxeta Millenium. "Ese desconto é posible porque o Concello completa o 30% do Ministerio achegando o 20% con fondos municipais, necesario para poder obter dita bonificación e situando o prezo actual como o máis baixo da súa historia" lembrou a alcaldesa.

Rey tamén sinalou que a rebaixa do prezo do autobús universitario é unha medida universal e pioneira na historia da UDC. "Todos o estudantado da UDC poden beneficiarse da bonificación nas liñas. Ate o momento, só existían bolsas anuais das que se beneficiaban uns 1.500 estudantes e que agora chega á práctica totalidade dos matriculados" concluíu a rexedora.

Histórico de bonificacións no autobús urbano

En agosto de 2022 o Goberno de España anunciaba a bonificación do 30% no autobús urbano a partir do mes de setembro. A Coruña foi unha das primeiras cidades de España en solicitar dita bonificación, entrando en vigor dende o día 1 de setembro. O prezo do billete ficou así:

  • Tarifa xeral: de 0,75 a 0,52 euros
  • Tarifa social: de 0,23 a 0,16 euros

O Goberno de España abriu en xaneiro de 2023 a posibilidade de completalo co 20% ás Comunidades Autónomas. "Solicitamos á Xunta de Galicia o apoio para que completara ese 20%, mais non tivemos resposta" explicou a alcaldesa. En xaneiro de 2023, o Goberno estatal volveu prorrogar a bonificación do 30%, establecendo como como requisito a obligatoriedade de complementar co 20% o desconto para poder obter dita bonificación, chegando así ao 50%. A alcaldesa lembrou que dende o Concello volveuselle solicitar á Xunta de Galicia contribuíse á rebaixa do bus urbano, de igual xeito que facían outras comunidades autónomas como Madrid ou Valencia. "Finalmente, e ante a negativa autonómica a axudar co prezo do bus a coruñeses e coruñesas, desde o Concello asumímolo para poder manter as axudas estatais e rebaixar o prezo ao 50%, o prezo máis baixo da súa historia". O prezo do billete pasou a ser o seguinte:

  • Tarifa xeral: de 0,52 a 0,38 euros.
  • Tarifa social: de 0,16 a 0,12 euros.
  • Tarifa universitaria: de 0,21 a 0,15 euros.

O Concello aprobou en Xunta de Goberno Local a prórroga da bonificación do 50% en xuño de 2023 ata final de ano, mantendo o prezo máis baixo e actualmente en vigor.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión