Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2025

O Concello fai público por primeira vez os canons económicos que lle corresponden ás adxudicatarias das concesións municipais

Os canons supoñen un total de 4,3 millóns anuais para as arcas do Concello, “fondos moi necesarios e que temos que garantir e ampliar para financiar servizos públicos municipais que teñen un beneficio directo sobre a cidadanía”, apuntou José Manuel Lage

Este xoves, o Concello da Coruña fixo públicos os canons asignados ás empresas e firmas adxudicatarias das concesións municipais que xeran actividade económica, máis dun cento das 170 que constan como bens patrimoniais propios, ben en réxime de concesión para uso privativo ou en forma de cesión gratuíta.

En total, son 105 as concesións municipais que xeran actividade económica na cidade. A meirande parte delas son aparcadoiros subterráneos, mais tamén hai estacións de servicio, instalacións deportivas, parcelas, inmobles, locais hostaleiros, comerciais e quioscos.

Neste sentido, a Xunta de Goberno Local aprobou onte unha instrución específica para ordear as concesións municipais. Trátase dun novo marco normativo que, coa súa posta en marcha, incluíu a creación dun rexistro público e actualizado de todas elas, ano tras ano. Xa está dispoñible na web municipal de Transparencia.

Agora, o Concello avanza nesta liña de acción, ampliando os datos dispoñibles sobre as concesións públicas suxeitas a canon, cantidades que oscilan en función da tipoloxía da concesión, do seu prazo de duración e tamén dos estudos de viabilidade e de explotación, que permiten establecer unha previsión de ingresos e custos para as adxudicatarias.

A este respecto, os canons actuais que lle corresponden ás adxudicatarias das concesións municipais que xeran actividade económica suman 4,3 millóns de euros ao ano, "fondos moi necesarios que temos que garantir e ampliar para financiar servizos públicos municipais que teñen un beneficio directo sobre a cidadanía da Coruña", incidiu hoxe o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage.

É a primeira vez que a Administración municipal visibiliza esta información e a abre á cidadanía, unha medida que, tal e como lembrou Lage, "amosa o compromiso institucional do Goberno de Inés Rey en materia de transparencia, tamén coa posta en valor dos recursos públicos, que deben estar visibles a ollos da cidadanía e abertos á súa consulta".

O obxectivo, indicou Lage, non é só facer un exercicio de transparencia, senón tamén traballar para maximizar os ingresos municipais sobre todo coas concesións máis antigas, e garantir os cobros de cada entidade adxudicataria dun ben municipal.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión