Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2023

O Concello finaliza a reurbanización da travesía de Fernández-Latorre, que gaña espazos para viandantes e bicicletas

A rúa conta tamén con novas zonas verdes e arboredo, novos puntos de cruzamento con semáforos e mobiliario urbano

O Concello, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, finalizou os traballos de reurbanización da travesía de Santiago Rey Fernández-Latorre. A rúa, que xa estaba aberta ao tráfico de vehículos e bicicletas, foi intervida de maneira integral e contou cun investimento e 761.000 euros, cofinanciados con fondos Next Generation.

Nas últimas semanas leváronse a cabo as derradeiras tarefas para completar a actuación, consistentes na colocación de novo mobiliario urbano, a implantación de novas illas de protección dos aparcamentos e a creación de pasos de peóns e peoas con rede semafórica. Foi necesario o desprazamento dun dos pasos e a actualización da sinalización vertical e horizontal á nova disposición da rúa.

A superficie total da actuación foi de 5.500 metros cadrados e comprendeu o trazado dun carril bici unidireccional de 466 metros, aberto tamén desde esta fin de semana para as persoas usuarias. Con estes traballos conéctase esta rede ciclable coa existente nas rúas Puga y Parga e Mariscal Pardo de Cela ou as de Ramón y Cajal e Pérez Arda.

O proxecto de Fernández-Latorre supuxo unha reurbanización total da rúa, gañouse espazo para viandantes e ciclistas e quedou cun carril de circulación en cada sentido. O espazo gañado utilizouse para crear a vía ciclable e para ampliar as beirarrúas, que pasan a ser totalmente accesibles. Por outra banda, colocáronse novas árbores ao longo da vía e instalouse mobiliario urbano accesible en toda a contorna.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión