9 de outubro de 2020
Desde Urbanismo sinalan que “os valos xa existentes na zona desprazáronse para gañar espazos peonís e optouse por abrir vías para mellorar a conectividade entre os bloques habitados”, tal como solicitou a veciñanza. Medio Ambiente e Sustentabilidade apunta que a zona acaba de ser “limpa e desinfectada a fondo”.
A Concelllaría de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidadee mais a de Medio Ambiente e Sustentabilidade traballan para executar as melloras e cambios que solicitaron a veciñanza e cooperativas do barrio de Xuxán nos últimos meses.
Desde a concellaría que dirixe Esther Fontán, a de Medio Ambiente e Sustentabilidade, apuntan que a zona acaba de ser "limpa e desinfectada a fondo". Pola súa banda, o edil de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, asegura que "os valos xa existentes na zona desprazáronse para gañar espazos peonís e optouse por abrir vías para mellorar a conectividade entre os bloques habitados", de acordo co que lles pediran as veciñas e veciños.
Canto ás parcelas edificables de titularidade municipal, vanse valar e limpar, co fin de evitar o seu abandono mentres non se constrúe. O concello anunciou que esta actuación, "que é de vital importancia para humanizar o barrio e conectalo con Matogrande e en que o Goberno local investirá 13 millóns de euros", licitarase antes de que remate o 2020.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible