Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de decembro de 2019

O Concello homenaxea a Julia Benedetti, campioa de España de skateboard na modalidade de rampa

A deportista coruñesa tamén vén de conseguir a medalla de bronce nos pasados Xogos Mundiais de Doha

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, recibiron esta mañá no consistorio á deportista Julia Benedetti, campioa de España de skateboard na modalidade de rampla tras acadar a vitoria nas tres probas puntuables do circuíto nacional que tiveron lugar o pasado mes de maio. Esta coruñesa de 15 anos tamén conseguiu a medalla de bronce nos pasados Xogos Mundiais de Doha, proba na que soamente foi superada polas dúas representantes de Xapón. Benedetti adestra no Club Maroña Indoor, unha escola profesional de skateboard herculina que ten as súas instalación na estrada de Nostián.

A deportista acudiu acompañada de súa nai e seu pai e mais do seu adestrador Iván Maroño á recepción oficial, onde a agasallaron cunha figura dedicada da Torre de Hércules de cerámica de Sargadelos como recoñecemento do Concello da Coruña ao seu gran labor neste deporte.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión