Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
16 de decembro de 2019
A alcaldesa da cidade, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, amosaronlle á deportista a súa admiración pola vitoria da Selección Española e o seu papel decisivo nos World Roller Games o pasado mes de xullo
A alcaldesa, Inés Rey, e o edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego, recibiron esta tarde no Pazo Municipal de María Pita á deportista coruñesa María Sanjurjo, campioa do mundo de hóckey sobre patíns coa Selección Española nos World Roller Games celebrados o pasado mes de xullo en Barcelona.
Rey amosoulle á ex xogadora do Liceo e do Dominicos a súa admiración polos seus éxitos: "Non todos os días temos a honra de recibir no Concello a unha campioa do Mundo coma ti, que no pasado mes de xullo puxeches á cidade da Coruña ao máis alto nivel do hóckey sobre patins nos World Roller Games: gañaches o séptimo entorchado mundial coa Selección e ademais o teu papel foi decisivo nesa vitoria. Non saíches no quinteto inicial pero o teu xogo destacou, e tanto que o fixo: aseguraches co teu octavo tanto, tan só uns segundos antes de rematar o partido, a tranquilidade para todo o equipo e para todas as persoas que seguimos os teus éxitos".
A alcaldesa entregoulle á deportista coruñesa unha Torre de Hércules en cerámica de Sargadelos dedicada como recoñecemento do Concello da Coruña ao seu gran labor no Hóckey sobre patíns.
29 de decembro de 2020
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible