Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de febreiro de 2021

O Concello implantará prazas de estacionamento en batería na rúa Xustiza de Monte Alto e na avenida da Gramela da Agra do Orzán

Ambas as actuacións, que foron solicitadas polas correspondentes asociacións de veciños, teñen como obxectivo aumentar o número de aparcadoiros para as persoas residentes e evitar a dobre fila

O Concello eliminará un sentido de circulación na rúa Xustiza de Monte Alto e substituirá unha das zonas laterais de aparcadoiros en liña por estacionamentos en batería, co fin de evitar a dobre fila. O Goberno local sinala que se trata dunha "vella petición da asociacións de veciños" e que "agora tamén nos chegou a través da sección de suxestións e reclamacións municipal". Así, aseguran, "con esta actuación gañaranse moitas prazas de estacionamento na zona".

Por outra banda, e seguindo a liña de actuacións para a mellora da mobilidade no termo municipal, o Concello instalará un paso peonil na avenida da Gramela, na Agra do Orzán. Deste xeito, incrementarase a seguridade dunha vía en que se modificará o sentido do estacionamento coa adaptación das prazas de aparcamento en batería. Así se lle dará resposta a unha petición das e dos veciños, que botaban en falta un paso no medio da rúa para non ter que iren até os extremos co fin de cruzala. Con este elemento, calmarase o tráfico rodado, facilitarase a mobilidade da veciñanza e eliminarase o problema da dobre fila. O barrio gañará tamén prazas de aparcamento, que é unha das principais demandas das e dos residentes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión