9 de maio de 2026
Entre os días 11 e 17 de maio o operador Telpark ofrecerá seis puntos de carga gratuita
Dez estacionamentos municipais teñen xa puntos de recarga ou están en trámites para instalalos
O Concello da Coruña ten en marcha, dentro do Plan de Concesións, a actualización das instalacións dos párkings municipais en réxime de concesión da cidade. Dez deles contan xa con puntos de carga para vehículos eléctricos ou tramitan os permisos para instalalos proximamente. Entre ditos aparcamentos figura o da Fábrica de Tabacos no que, en colaboración co operador Telpark, levarase a cabo unha acción para promocionar dito servizo a vindeira semana.
Entre os días 11 e 17 de maio o estacionamento ofrecerá recarga gratuita de vehículos en seis prazas, con recarga semirrápida de ata 22 KW. Os usuarios interesados poderán acceder ao servizo a través da aplicación da operadora.
"O Concello está a traballar para conseguir modernizar todas as nosas concesións para facelas máis útiles aos cidadáns e máis ecolóxicas. Esta é unha medida máis que se suma as que temos posto en marcha en materia de accesibilidade", indicou o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible