Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de agosto de 2020

O Concello impulsa a Feira Virtual de Industrias Culturais Creativas de Ibericc Global

A cita, que busca reactivar o sector, permitirá que firmas do Estado e mais de Portugal poidan dar a coñecer os seus produtos creativos e inicien un intercambio de cara a organizaren accións conxuntas no futuro

O Concello impulsará a Feira Virtual de Industrias Culturais Creativas de Ibericc Global, que terá lugar os días 20 e 21 de outubro. A modo de escaparate dixital, un cento de pequenas e medianas empresas do sector darán a coñecer os seus produtos dentro dun plan de actuación que busca a internacionalización de industrias culturais no Estado e mais en Portugal. Ante o descenso de actividade derivado da pandemia, esta iniciativa supón unha ferramenta dixital e un modelo de cooperación a través do cal as firmas participantes contarán cun expositor virtual, personalizado coa súa imaxe e o seu logotipo, en que describirán os seus servizos.

Neste espazo, poderán realizar presentacións e demostracións en liña, así como visitaren os postos das outras empresas cunha primeira xornada, de 10.00 a 14.00 horas, e unha segunda, que se desenvolverá de 14.00 a 18.00 horas.

Por outra parte, manterán encontros a través da internet e xerarán novas oportunidades empresariais nun xeito de revitalizar o sector e favorecer a súa difusión. A cita, que propiciará o intercambio transnacional de cara a que as/os participantes poidan organizar accións conxuntas no futuro, está apoiada por oito entidades públicas e privadas de territorios transfronteirizos de España e Portugal. Ademais do Concello da Coruña, están involucradas as entidades Andalucía Emprende, Cámara de Comercio de Sevilla, Cámara de Comercio de Badaxoz, Fundación Santa María la Real, de Castela e León; o Concello de Faro, o Centro de Innovación Empresarial CIEBI e a Asociación Empresarial NERPOR.

Ibericc Global comezou a funcionar a mediados de 2019 e continuará a súa actividade até 2021, cun orzamento de 1,2 millóns de euros, dos que o 75% está financiado a través do Fondo FEDER e o Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) Interreg V-A.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión