Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xaneiro de 2023

O Concello impulsa a promoción da cidade como sede de grandes eventos, congresos e encontros internacionais

O Goberno municipal colabora coa Fundación Convention Bureau para converter A Coruña nun referente nacional en eventos MICE

O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo e Congresos, reforza a súa aposta pola promoción da cidade como sede de grandes eventos, congresos e encontros internacionais iniciada en 2021. O obxectivo é impulsar a reactivación do sector turístico e congresual, un obxectivo para o que conta coa colaboración da Fundación A Coruña Convention & Visitors Bureu. Unha das apostas do Goberno de Inés Rey é posicionar a cidade como destino MICE (reunións, incentivos, convencións e exhibicións), máis coñecido como turismo de congresos ou de negocios.

Potenciar a imaxe turística da Coruña tanto no ámbito nacional coma no internacional, así como colaborar con empresas galegas na organización e promoción de eventos de índole económica, cultural e social ou participar en feiras e promocións do MICE son algúns dos retos neste ámbito do Consorcio de Turismo e Congresos e da Fundación A Coruña Convention Bureau, que veñen de asinar dous convenios para o traballo conxunto con este obxectivo por valor de 60.000 euros. O Consorcio ten entre as súas funcións a xestión e a promoción da actividade turística e congresual da cidade.

A asistencia a feiras profesionais é fundamental para situar A Coruña no mapa dos destinos MICE, un campo no que a cidade xa destaca ao congregar nos últimos anos importantes citas como Ecosystems, Mundos Dixitais, Galicia Biodays, Street Games, Agile Spain, Galicia Fórum Gastronómico, Anxioloxía e Cirurxía Vascular ou Procesamento da linguaxe natural, entre outros.

A Coruña participa a través destas accións de colaboración en foros como o Iberian Mice Forum Asociativo, que se desenvolve en Sevilla, especializado en sociedades profesionais, médicas principalmente, e tamén na celebración de congresos; no Mice and Forum Inside-Corporate Events Workshop (Cew) Benalup, que ten lugar en Cádiz ou na feira IBTM Barcelona.

Ademais, a través desta colaboración actualízase cada ano a Guía A Coruña Congresos, incorporando o deseño dunha nova guía de servizos MICE locais, que aglutina todos os membros da Coruña Convention Bureau.

Organización da Gala Rede de Embaixadores MICE

A través desta colaboración, e co gallo de poñer en valor o sector de turismo MICE, organízase a Gala Rede de Embaixadores MICE, un acto no que se premian a creatividade, a iniciativa, a eficacia, o liderado e o compromiso social de profesionais do tecido empresarial e profesional galego e no que se outorga unha distinción aos e ás profesionais que contribúen e traballan activamente para a realización de eventos organizados na Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión