Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de outubro de 2015

O Concello impulsa a Residencia de Estudantes no Calvo Sotelo en colaboración con Deputación e Universidade

O Goberno local “incoará e tramitará as actuacións necesarias para incorporar no planeamento municipal o uso urbanístico como residencia universitaria do actual centro escolar Calvo Sotelo”, indica o convenio entre as tres entidades

O Concello impulsará, xunto coa Deputación e a Universidade da Coruña a creación dunha residencia de estudantes no colexio Calvo Sotelo, “necesaria para atender as demandas de aloxamento temporal e público do estudantado universitario”, atendendo así a unha vella necesidade e a un punto do seu programa de Goberno.

O Pleno da Deputación provincial aprobou este xoves por unanimidade a cesión de uso á UDC de parte das instalacións do colexio Calvo Sotelo para a súa utilización como residencia pública universitaria, ao entrar o Concello da Coruña nun convenio que permitirá impulsar esta necesaria infraestrutura. O deputado provincial e concelleiro de Mobilidade, Daniel Díaz Grandío, manifestou, en representación do Executivo municipal ,que “dende o Goberno local, e especialmente desde a súa área de Urbanismo, se presentaron as propostas que hoxe se incorporan ao convenio, un acordo entre tres, que precisa e delimita as cuestións urbanísticas necesarias para o futuro uso residencial universitario do edificio”.

“Non cremos nos patrimonios das políticas públicas, cremos na colaboración institucional, na iniciativa compartida. Do que se trata é de dar un bo servizo á cidadanía, non importa de onde veña este, e por iso cremos que esta é a maneira correcta de facer as cousas”, indicou Díaz Grandío.

O convenio de colaboración a tres bandas entre Concello, Deputación e Universidade explica que as actuais residencias universitarias privadas da cidade “resultan insuficientes dada a crecente demanda interna de estudantes que cursan os seus estudos universitarios da Coruña e fóra da súa residencia habitual”. Por esta razón, entre os obxectivos das tres institucións está a de poñer en funcionamento “unha residencia universitaria que facilite a estancia de estudantes que se despracen doutras localidades, tanto de España como do extranxeiro, completando desta maneira a oferta existente de aloxamento xa existente no campus de Ferrol”.

O Concello da Coruña, no ámbito das súas competencias urbanísticas, incoará e tramitará as actuacións necesarias para incorporar no planeamento municipal o uso urbanístico como residencia universitaria no actual edificio Calvo Sotelo xa que, segundo recolle o propio convenio, “considera de grande interese que a cidade dispoña dunha residencia universitaria de titularidade e xestión públicas”.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión