Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de novembro de 2020

O Concello impulsa unha versión en liña do Trofeo Teresa Herrera

A iniciativa, baixo o nome de “Trofeo eTeresa Herrera”, busca adaptar a competición á actualidade para poder chegar a un público máis novo e afeito ás novas tecnoloxías, o que impedirá que quede obsoleto e careza de interese para as novas xeracións de coruñesas e coruñeses

O Concello quere achegar á rapazada o tradicional Trofeo Teresa Herrera, adaptado a un sector en auxe como é o dos videoxogos. O "Trofeo eTeresa Herrera", que así se chama, é un novo formato que consiste na realización dun torneo de videoxogos. Nesta primeira edición será o FIFA21, co fin de manter a súa orixe futbolística, do 16 até o 22 de novembro.

A iniciativa busca adaptar un trofeo histórico, como é o Trofeo Teresa Herrera, á actualidade, para poder chegar a un público máis novo e afeito ás novas tecnoloxías, o que impedirá que quede obsoleto e careza de interese para as novas xeracións de coruñesas e coruñeses.

O torneo permite que se inscriban, a través da plataforma Ween, un máximo de 512 participantes, todas/os elas/es maiores de 16 anos. Deberán demostrar, enviando unha fotocopia ou fotografía do seu DNI por ambas as caras, que residen na Coruña ou nos concellos da área urbana (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Laracha, Oleiros e Sada). Unha vez fosen confirmadas os 512 xogadoras e xogadores que competirán por se alzaren co título de campioa ou campión do I Trofeo eTeresa Herrera, o torneo contará con dúas fases: a primeira delas é unha fase clasificatoria en liña, a cal terá lugar desde o 16 até o 20 e, nela, os participantes competirán por estaren entre as/os 16 melloras/es xogadoras/es, que se clasificarán para a segunda fase ou fase final, a cal terá lugar o 22 de novembro no Estadio de Riazor.

Pódese obter máis información sobre este evento a través da web www.trofeoeteresaherrera.com e seguir a actividade do torneo no Facebook e en Twitter.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión